Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir don conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese descougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vinmos outros contos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Así es mi corazón".
E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e , que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinta enlace NADARÍN
No hay comentarios:
Publicar un comentario