19.9.25

Rutinas de clase (4º E.I.)

 Iniciamos esta semana moitas das rutinas que levaremos a cabo durante todo o curso:

- Comenzamos o día coas entradas relaxadas (diferentes actividades nas mesas que realizan autónomamente: construcións, contos, puzles, coches, pinturas...) mentras tranquilamente colocamos a chaqueta e a mochila, poñemos o mandilón e imos ao baño. Hoxe realizamos tres actividades que lles encantaron: lavamos bonecos, xogamos coa area e fixemos travases de auga.

- Asemblea: eleximos o encargado e posteriormente acudimos á asemblea, que a facemos unha parte de maneira física e outra dixital. Aquí tedes o genially que empregaremos durante todo o curso, introducindo todos os contidos pouco a pouco. 


 

- Despois bailamos sempre unha canción para activarnos antes de comezar a traballar, algunhas das cancións que empregamos son: 

- Traballo en mesa: sentámonos nas mesas para facer unha actividade conxunta ou acudir a zona de traballo a coller unha bandexa individual para a través dos xogos aprender os números, as letras, os cores, as formas xeométricas, facer puzles... mentras imos realizando pequenas fichas.

- Recreo, merenda e hora de ler.

- Xogos nos diferentes recunchos (arte, lectura, experimentación, xogos simbólico ou construcións) acudindo a eles libremente pero mantendo os materiais na súa zona e recollendo cando rematamos de empregar algún. Tamén é o momento das especialidades (PELO, música, relixión, psicomotricidade e inglés).

Podedes ver todas as fotos das rutinas desta semana premendo no seguinte enlace: Rutinas 3 anos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario