23.4.24

LECTURA... NA RÚA! E PICNIC SAUDABLE.

Para celebrar o Día do Libro, non se nos ocorre unha mellor idea que ler na nosa praia, na praia de Malpica.

Pasamos un día marabilloso preparando o noso picnic saudable (brochetas de froitas e mini sándwiches), para despois merendar rodeados de todos os nosos amigos e amigas e, finalmente, ler un conto todos xuntos.

Se queredes ver as fotografías, pulsade na imaxe de abaixo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario