Un dos medios que os peques dixeron para conseguir información sobre as formigas era facer experimentos e observalas.
Así que hoxe, aproveitando o bo tempo, baixamos ó patio para coller algunhas formigas e poder observalas e aprender sobre o seu comportamento. Como non sabiamos se habería moitas, un compi propuxo baixar azucre para atraelas e poder collelas e como nos pareceu que tiña moito sentido baixamos ó patio cargados con azucre, caixas con visores e lupas.
Tras determinar unha zona de busca comezamos a nosa aventura, collendo as formigas que atopábamos e meténdoas dentro das caixas con visor. Tras ter unha mostra suficiente e botar azucre por varios sitios, decidimos introducir nas caixas máis azucre e observar.
As nosas conclusións foron que movían as antenas todo o tempo e que non estaban felices xa que querían escapar todo o rato, por iso non collían o azucre, posto que ademais as caixas eran algo pequenas e , ó mellor, necesitaban máis aire.
Tras esta experiencia decidimos devolvelas a súa casiña!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario