Tras traballar o conto de Tonino, comezamos esta semana con Ei, superavó!!!!
Neste conto un avó leva ós seus netos a diferentes lugares utilizando un compás máxico e unhas postais. Grazas a isto, pasan o día nunha praia, visitan o oeste onde se atopan cunha manda de búfalos e viaxan ata unha zona montañosa coas cumes nevadas.
Trala lectura deste conto, os peques sacaron os seus compás que trouxeran da casa, e comezamos unha asemblea: porque ten números e letras, cal é a súa utilidade, para que serve a agulla vermella e da voltas...
Descubrimos que o compás indica onde está o norte, así que na clase... Onde estará? Fixemos unha busca por equipos.
Tamén esta semana no Leolab, utilizando o compás dunha tablet, buscamos os puntos cardinais e marcámolos con carteis, e posteriormente xogamos a levar o Beebot polos distintos puntos cardinais do mapa mundi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario