Nos últimos días estivemos traballando co conto de Tonino, que vai do Polo Sur onde hai moito frío ata o deserto do Sáhara onde hai moita calor.
Así que decidimos ir á cociña, onde por parellas, meteron nun globo algún dos obxectos dispoñibles e botaron auga, para despois meter o globo no conxelador.
Ó día seguinte volvimos á cociña, onde quentamos no microondas a area de praia e comprobamos a calor do "deserto" e comezamos a resolver o problema: Temos globos conxelados con obxectos dentro... cal será a forma máis rápida de liberalos do xeo?
Deron moitas respostas, algunhas delas non se podían facer, como crear unha cacharela ou darlle cun martelo, pero as outras comprobámolas todas: tirar ó chan as bólas conxeladas, metelas en auga quente, mollar con auga temperada, meter dentro da area quente, quentar no microondas, deixalas ó lado da ventá para que a derreta o sol...
Tras facer estas comprobacións, o noso resultado foi:
1. Se tiramos as bólas ó chan, os obxectos libéranse moi rápido pero éstes seguen conxelados.
2. A forma máis rápida de derreter a bóla e conseguir o obxecto e metela en auga quente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario