Nestas primeiras semanas de cole estamos traballando as normas e rutinas: aprender a facer a asemblea, esperar o turno, recoller antes de cambiar de xogo...
Tamén comezamos a traballar o noso nome:
Como estamos en OUTONO, descubrimos a canción desta estación, e a vogal pola que empeza.
Un día na asemblea un neno dixo que quería aprender a facer a letra O, polo que collendo as variñas máxicas ( o noso dedo índice) debuxamos a letra no aire, practicamos na pantalla táctil e fixemola con plastilina, practicando antes a facer churriños!!!!
Neste enlace tedes as fotos que puidemos sacar: FOTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario