21.3.19
DÍA DA MULLER TRABALLADORA ( 5ª EI)
Para celebrar o Día internacional da Muller Traballadora, a nivel centro, convidamos a Charo, unha muller redeira que fixo unha charla moi interesante sobre o seu traballo para todo o alumnado na biblioteca do noso cole.
Tamén, a nivel aula, convidamos a todas as mulleres que teñen ou tiveron un oficio relacionado co mar, e no noso caso, Tania, a mamá de Gabi, visitounos a todo o ciclo de infantil. Como é redeira explicounos un montón de cousas: a vestimenta que utiliza, os instrumentos como as agullas, que ademais son distinto tamaño e o seu uso depende do tipo de rede, a importancia do seu traballo... Ademais trouxo unha rede e moitas agullas, de forma que todo o alumnado de infantil aprendeu a coser . Foi unha actividade moi interesante, e ademais Tania regalounos un trociño de rede a cada un por se queremos seguir cosendo !!!! Moitísimas grazas pola visita!!!
Ademais das visita fixemos unha sesión de radio o alumnado de 5º de Educación Infantil:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario