11.2.19

ANIVERSARIO DE CLARA ( 5º EI )


A semana pasada celebramos o aniversario de Clara. Primeiro fixemos unha chuvia de ideas sobre que queriamos cociñar, e por suposto gañou, tras facer unha votación, a tarta de chocolate con adornos.
Así que nos puxemos mans á obra, derretemos o chocolate cun pouquiño de leite, empapamos galletas en leite e cubrimos co chocolate facendo varias capas. Primeiro fixemos dous grupos, xa que é máis cómodo para traballar e despois xuntamos todo facendo unha tarta máis grande. Mentres esta enfriaba, e tras recoller a cociña e os cacharros, regalámoslle a Clara bicos e apretas, e despois cantamos cumpleanos feliz, Clara soplou as velas e  probamos a tarta que estaba moi rica, aínda que lle faltaba un sabor algo máis doce. Nesta ocasión non bailamos, esperamos que no seguinte aniversario sexa posible.
Felices 5 anos Clara!!!




FOTOS ANIVERSARIO DE CLARA

No hay comentarios:

Publicar un comentario