18.1.19

PROXECTO CHINA: Orientámonos coa brúxula ( 5º EI)

Tras descubrir o que era una brúxula, buscamos na bola do mundo onde era o norte, o sur, o este e o oeste. Despois utilizamos a Tablet para , na aula de psicomotricidade, xogar ós mariñeiros: un era o mariñeiro perdido no medio do mar, e utilizando a brúxula, tiña que atopar o norte, unha vez atopado cambiaba o seu lugar polo campañeiro da rosa que estaba no norte. Despois buscamos o puntos cardinais e pegamos en cada columna o cartel correspondente, para xogar a ir ós puntos cardinais. Tras esta xornada rematamos facendo una actividade de relaxación por parellas.


Fotos xogos coa brúxula

No hay comentarios:

Publicar un comentario