29.11.18

MAGOSTO/ SAMÁIN ( 5º EI )

Para celebrar o Magosto e o Samaín fixemos nas últimas semanas varias actividades:




1. Participación das familias na creación de cabazas mariñeiras: ademais de facer unha exposición das cabazas da nosa aula na entrada da mesma, fixemos unha visita polo cole vendo as cabazas traidas noutros cursos.

FOTOS:  CABAZAS SAMAÍN





2. Truco ou trato: os nenos e nenas de infantil fixemos esta actividade , que consistía en ir polas aulas e facer un truco ou un trato. No medio da mañá do mércores apareceron os cativiños/as de 3 anos a darnos un susto coas caretas de medo e nos cantaron unha canción,  nos regalámoslles uns debuxos de monstros feitos o día anterior que estaban cheos de ollos de cores. Máis tarde nos marchamos a aula de 5 anos a dar un susto, tocámoslle unha canción coas caixas chinas e recibimos un agasallo: un debuxo de esqueletes!!!!!!

FOTOS:  TRUCO OU TRATO





3. Preparamos unha actuación sobre o Dragón chino para a semana de lecturas terroríficas, para iso creamos un dragón xigantesco, e tras descubrir que na aula de música, Nerea, tiña caixas chinas, decidimos incorporalas á actuación. Recibimos a axuda dos nenos e nenas de 4º de EI para suxeitar o dragón mentres nos facíamos a percusión coas caixas.

FOTOS:
PROCESO DE CREACIÓN DO DRAGÓN


VÍDEO

Actuación nas IX Lecturas Terroríficas



4. Magosto: todo o ciclo de infantil, o venres 26 de outubro, participamos a primeira hora duns xogos do magosto: encesta no barco, a castañita de guante guante, e os castañolos. Ó remate recibimos unha entrada para o cine. Todo o ciclo de infantil e o 1º ciclo de primaria baixamos ó centro cívico a ver a película COCO, pero antes buscamos a fila e o número de silla correspondente. Tras o visionado subimos ó cole, e na aula de psicomotricidade degustamos as castañas asadas e peladas.


FOTOS :  FESTA DO MAGOSTO


5. RADIO BALEA: subimos ó estudo de radio a facer un pequeno programa sobre o magosto e o Samaín.


vídeo: sesión radio

No hay comentarios:

Publicar un comentario