Estas últimas semanas estivemos visitando o país máis habitado do mundo, CHINA. Primeiro o situamos no noso mapa e despois fumos descubrindo algunha das súas características, o que máis nos chamou a atención foi que comeran con palillos, así que estivemos practicando con comida de diferente tamaño. Tamén nos gustou moito todas as cousas que inventaron como o tangram (que intentamos facer figuras en grupos), o ábaco, a peonza (que non soupemos bailala), a cometa (que aproveitamos para facer a nosa manualidade do Día da familia)... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: China.
No hay comentarios:
Publicar un comentario