O luns 31, día de Samaín, fomos ás clases de 3º e 4º de E.P. a facer o truco e trato, con caretas de monstros mariños. Se os nenos e nenas dicían truco tiñamos que cantar o estribillo da canción "La ballena Elena" e dábannos un agasallo. Os nenos e nenas de 3º déronnos un esqueleto grande e os de 4º unhas tarxetas de Samaín. Foi terrorífico xa que dimos uns grandes sustos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario