Neste terceiro trimestre imos realizar un proxecto sobre a praia e comezamos co estudo das cunchas, xa que foron moitos os nenos e nenas que trouxeron diversas delas á clase.
Puxémonos a investigar que eran exactamente as cunchas, xa que xurdiron diferentes teorías ao respecto, e para iso fomos buscar información á biblioteca.
Foi moi grande a nosa sorpresa cando descubrimos que dentro das cunchas vivían pequenos animais chamados moluscos e, sobre todo, que as caracolas era as casas dos cangrexos hermitaños. Así que seguimos buscando información e vimos o seguinte conto:
Finalmente fixemos as nosas propias caracolas cos seus cangrexos hermitaños.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEifiStY6icxzbgaAGo5IBhDvmkuzyoZ2VNWG_SFULMiADbSjdrsTtVvlaBVjHVHim4boyyhZkyUqrjqUBw0C3lcrC3BfStV4sX-yD-0AQqlWv9vffrzqlN-unFfMn0Jd-WUfR5kOZBUp_dU/s1600/IMG_20150417_102530122.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario