O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro e para tal conmemoración fixemos o noso propio poema a partir do poema "Parece unha rosa"
PARECE UN SOL
Ven solecillo, ven o verán
ven todos os días,
para ir a praia
e poder surfear.
Ven solecillo que queremos xogar
ca area e mais co mar,
pois cansos do inverno
estamos xa.
E así foi o noso proceso creativo:
Tamén sumámonos á actividade da Asociación de escritores en Lingua Galega na súa proposta anual para celebrar o DíA de Rosalía, cun mural colectivo cheo dos nosos pensamentos cando somos Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario