Xa temos mascota na clase, é a nosa Curuxa Mariola, elixido o nome por sorteo de todos os que nos aportáchedes das casas, moitas GRAZAS!!!
O venres tamén tivemos un fermoso cadro dunha curuxa feito con teas e como nos gustou tanto quixemos facerlle un collage a nosa Curuxa Mariola. Para elo contábamos con todo tipo de papeis, lás, rotuladores, ceras blandas... e o único que tiñamos que cumprir era que se vira a curuxa e escribir o seu nome. Así foi o proceso:
E este foi o resultado, a clase das curuxas son uns artistas, decidimos entre todos que os íbamos colgar no corredoiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario