28.1.21

LABORATORIO DOCUMENTAL: Contos valorados, lecturas compartidas ( 4º EI)

 Neste mes de xaneiro, todo o cole levamos a cabo o Laboratorio Documental, actividades deseñadas polo equipo de Biblioteca e dinamización da Lingua Galega.

O obxectivo deste laboratorio era realizar unha formación de usuarios na biblioteca escolar creativa, de forma que o alumnado tivera que buscar libros ou contos nos que se traballasen valores propios da celebración do Día da Paz.

 No caso de infantil, a nosa formación de usuarios xirou ó redor da busca de tesouros na biblioteca para recoñecer distintos espazos dentro da mesma. Nesta actividade atopamos o libro Hasta que podamos Abrazarnos, conto no que traballamos o amor e a amizade.

A partir deste conto realizamos varias actividades que podedes ver en entradas publicadas anteriormente.

Outro dos obxectivos deste laboratorio, era realizar lecturas compartidas a través do blog, xa que este curso non podemos realizar actividades conxuntas para a celebración do Día da Paz. Ademais, realizamos unha exposición dos contos traballados, incluíndo o valor que se transmite no mesmo e un código Qr que enlaza ás producións finais, as lecturas compartidas.









Aquí tedes a nosa lectura, esperamos que vos guste tanto como a nós:


Laboratorio Documental: Día da Paz from bemilladoiro on Vimeo.

DÍA DA PAZ ( 4º EI)

 Para celebrar o Día da Paz realizamos varias actividades:

  • Participamos no Laboratorio Documental: Contos valorados, lecturas compartidas
  • Lectura do conto : Mamá, De qué color son los besos?
  • Manualidade: creamos un corazón coas 7 cores do Arco da Vella
  • Realización de varios Arcos da Vella
  • Cociñamos Magdalenas coas cores do Arco da Vella.
 MAGDALENAS
  • Realizamos experimentos cos cores do Arco da Vella



22.1.21

O número 1 na mesa de luz ( 4º EI)

 Esta semana recordamos o trazo do número 1 para iso ,desdobrando o grupo, xogamos na aula de pequeciencias coa mesa luz. Primeiro trazamos con rotuladores, despois fixemos o camiño do un con pedras de cores e rematamos poñendo pompóns utilizando unhas pinzas!!!







FOTOS

Instrumentos musicais ( 4º EI)

 Dende a volta das vacacións do Nadal , estamos traballando co conto " Hasta que podamos abrazarnos". Neste conto, entre outras cousas, Ourizo e Tartaruga demóstranse canto se queren tocando unha canción con instrumentos.

Así pois, decidimos xogar con catro instrumentos musicais: maracas, triángulo, pandeireta e xilófono. Tras tocar libremente , tivemos que pintar o instrumento que soaba pero sen ver cal era. 

Pasáronno pipa!!!!


FOTOS

ANIVERSARIOS 4º EI

 Esta semana celebramos catro aniversarios!!


O pasado domingo cumpliu Ángel, o martes Manuela e Mateo C. e hoxe Mateo F. Ó longo desta semana cada un fixo a súa coroa da cor escollida e os compañeiros/as , ademais de cantarlles, fixeron uns debuxiños para eles.

Posto que esta semana faltaron compañeiros/as a clase, queríamos que as cartolinas cos debuxos marcharan para as casas cando estiveran completas, pero os nosos/as peques tiñan tanta ilusión por levar o agasallo  que as levan así. Cando os compis volvan á clase, realizarán o debuxiño e os protas levarannos para casa.














Moitísimas felicidades , xa tedes 4 anos!!!!!!!



ANIVERSARIOS

21.1.21

Canción para a semana da paz "Apertas que voan" de Paco Nogueira

A próxima semana conmemoraremos a Semana da Paz coa interpretación de diferentes contos que xiran arredor desta temática, pero tamén faremos outras moitas cousas entre elas aprender a canción de Paco Nogueira "Apertas que voan". Deixámola no blogue para que podades practicala nas vosas casas.