31.5.18

Aniversario de Valentina ( 4º EI)

Esta semana a protagonista é Valentina e hoxe foi o seu aniversario, xa ten 4 anos!!!! Como sempre a nosa protagonista fixo a súa coroa, regalámoslle bicos e apretas, cantámoslle, bailamos, recibimos a visita de mamá e papá que contaron o conto que inventaron para o libro viaxeiro, conto no que unha serea lle pide axuda a Valentina, xa que o mar está cheo de lixo, e trouxeron un agasallo para compartir, Un libro de pegatinas con temática mariña. Moitas grazas, encantounos!!
Tamén convertímonos de novo en chefs!!! Esta vez fixemos un batido de plátano, con xeado de nata, un poquiño de leite e unha culler de chocolate. Moitísimas felicidades Valentina





ÚLTIMA VIAXE (6º E.I.)

Por este curso rematamos as nosas viaxes arrededor do mundo, foron moitos os países que coñecemos (México, China, Rusia, Exipto, Senegal...) e, por último, fomos parar o continente americano, xa que varios nenos e nenas trouxeran cousas de alí (a bandeira de Uruguay, folletos de Estados Unidos, moedas de Perú, un ukelele de Venezuela...). Estivemos localizando cada un destes países e ademais descubrimos cousas da Estatua da Liberdade, xa que nos chamou moita a atención a súa altura, sobre todo cando a comparamos con a nosa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: América.





29.5.18

ANIVERSARIO DE BENITO ( 4º EI )



A pasada semana o protagonista foi Benito. Aínda que non cumple 4 anos ata o verán, celebramos o seu aniversario , para iso decorou a coroa, falamos sobre os seus gustos, e cociñamos. Nesta ocasión , tras facer unha votación, fixemos unha TARTA. Como a aula de cociña estaba de reformas, cociñamos na clase, e comezamos por lavar e cortar fresas, despois extendimos nata en cada base de biscoito, engadimos os trociños de fresas e cubrimos con chocolate, nata e máis fresas. ESTABA BOÍSIMA!!!!

Sopramos as velas, cantamos, bailamos e regalámoslle bicos e apretas.

Tamén recibimos a visita de mamá e do seu irmán Pablo, que contaron a historia que inventaron no libro viaxeiro " Un mar de Contos", e ademais tiñan un agasallo para cada un!!!! Moitas gracias!!!





ANIVERSARIO BENITO

25.5.18

PORTUGAL (5º E.I.)

Deixamos o continente africano para volver a Europa, concretamente visitamos Portugal. Visitamos a capital Lisboa, xa que é onde aterrou o avión. logo fomos de turistas  a visitar o castelo de Guimaraes e o palacio nacional de Sintra. Así imos máis relaxados para a nosa penúltima proba do mundial de surf na praia de Carcavelos en Cascais. Aprendimos un pouco de portugués que é moi parecido o galego, no seguinte enlace podedes coñecer palabras en portugués TRADUTOR.



Que visitamos:

CASTELO DE GUIMARAES

PALACIO NACIONAL DE SINTRA

PRAIA DE CARCAVELOS, CASCAIS

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018 (5º E.I.)

O venres 18 celebramos no colexio o festival das letras deste ano. Os nenos e nenas cantaron a canción "Un peixe moi divertido" de Mamá Cabra.


24.5.18

MES DAS LETRAS ( 4º EI )

Dende a celebración do Día do Libro, 23 de abril, ata o Festival das Letras, o 18 de maio, celebramos no cole o MES DAS LETRAS. Neste tempo realizamos a actividade dos Padriños/madriñas lectores, coñecemos a María Victoria Moreno, fixemos un abecedario do Mar, sacamos fotos con nosos contos favoritos e puxémolas nuns peixes para o mural Un mar de Contos, aprendimos a canción de "Peixiños do Mar", de A Banda dos Cueiros, e participamos no Festival das Letras, cantando e bailando esta canción, co acompañamento instrumental dos nenos e nenas de 6º de Primaria.



Para ver as fotos do mural premer na seguinte dirección:


https://photos.app.goo.gl/5NTLwUcZHBcdThUb8


ACTUACIÓN NO FESTIVAL


https://photos.app.goo.gl/pccpVJYwSzCd6Ni42

22.5.18

Lecturas pequechas ( 4º EI)

Nos últimos luns , na hora de ler recibimos as visitas de Nicolás e Ada, Laura e Yeray e Pablo e Alejandra.Os seis fixéronno moi ben e ós peques encantoulles!!!