A pasada semana Valentina trouxo a clase una grande sorpresa, MEDUSAS!!! As medusas estaban na praia de Malpica, e atopáronnas na area varios nenos e nenas da clase. O raro é que, cando as colleron eran azuis, pero cando meteron unha delas na casa en auga doce, cambiou a cor, e agora é transparente!!!
30.4.18
Aniversario de Saúl ( 4º EI )
A pasada semana Saúl foi o noso protagonista, e a pesar de que non cumple 4 anos ata o verán,celebramos o seu aniversario. Escoitamos a historia inventada na casa e recollida no libro viaxeiro "Un mar de contos", historia na que Saúl é un cabalero valente que ten que rescatar á princesa, decoramos a súa coroa de protagonista, cociñamos masa de follado con chocolate, cantámoslle, bailamos e regalámoslle bicos e apretas. Moitas felicidades adiantadas Saúl!!!
27.4.18
DÍA DO LIBRO (5º E.I.)
O luns 23 celebramos no colexio o día do libro. Cada neno e nena da clase tiña un padriño ou madriña lector de 3º e 4º de educación primaria, que viñeron a semana anterior a coñecer os seus afillados e afilladas para saber os seus gustos literarios e así escoller un conto. De xeito, que na hora de ler os padriños e madriñas viñeron buscar os seus afillados e afilladas para baixar xuntos ao patio lerlles o conto.
25.4.18
RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )
Os últimos días recibimos novas cousiñas para o Recuncho Mariño, Dania trouxo uns contos para compartir " Acuario", que fala de animais mariños a través de rimas e "El pez Arco Iris ", que transmite o valor de compartir, ademáis dun tesouro!!!!!! Unha Caixa do seu avó chea de cunchas distintas, formas de caracolas que nunca viramos , e todas procedentes de cando o avó embarcaba no Gran Sol.
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!
Moitas Gracias
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!
Moitas Gracias
IOGA E RELAXACIÓN ( 4º EI )
Cada semana dedicámonos un ratiño a facer actividades de ioga e relaxación, controlando a respiración e traballando cos compañeiros.
COMPARANDO MEDIDAS ( 4º EI )
Tras descubrir que o Cangrexo Ermitán medía 40 centímetros, utilizamos o metro para saber canto é esa medida, e aproveitamos para medirnos nos, e comparar as medidas!!!
Para ver as fotos premer no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13
Para ver as fotos premer no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13
DÍA DO LIBRO ( 4º EI )
O luns 23 celebramos no centro do Día do Libro. Para iso cada neno e nena da nosa clase tiña asociado un padriño/ madriña lector de 3º de Primaria , que veu a clase a pasada semana para coñecer ós afillados e saber os seus gustos lectores. O luns, na hora de ler, os padriños e madriñas viñeron a clase a buscar ós afillados/as e baixalos ó patio, onde despois de buscar un sitio ameno, comezaron a ler os contos escollidos. Tras rematar os levaron á fila e subiron con eles a clase. Esta é unha actividade moi motivadora para todos, pero neste caso foi máis especial, xa que os nenos e nenas de 3º EP deixaron de ser afillados/as para ser padriños e madriñas lectores, e os nenos/as da clase era a primeira vez que participaban nesta actividade!!!
Tamén fixemos un pequeno podcast en RADIO BALEA, no que comentamos cales son os nosos contos favoritos, esta vez os interlocutores foron Gabriel, Noa, Dania e Marcelo.
https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/dia-do-libro-3-anos
Tamén fixemos un pequeno podcast en RADIO BALEA, no que comentamos cales son os nosos contos favoritos, esta vez os interlocutores foron Gabriel, Noa, Dania e Marcelo.
https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/dia-do-libro-3-anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










