31.5.17

CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS ( 6º EI)

Trala visita de Paula e Pamela, comezamos a traballar o valor da Amizade, así que creamos na clase os Caixóns das cousas bonitas. Neste espazo cada membro da clase ten un caixón no que recibe debuxos, palabras bonitas escritas, detalles... pero para utilízalo hai tres premisas: non podemos darnos regalos a nos mesmos, debemos meter os agasallos nos caixóns baleiros de forma que todos/as teñamos sorpresas e os regalos deben ser anónimos. Os venres recollemos as sorpresas, están entusiasmados, cada día miran o caixón para ver ser teñen algo ou non, e ademáis esfórzanse en agasallar ós outros.
 
 
 
 

AMIZADE, CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

EXCURSIÓN ALDEA NOVA

O pasado martes 30 de maio todo o ciclo de Educación Infantil tivemos a saída de fin de curso ao complexo de Aldea Nova situado no concello de Narón. Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que, ademais de disfrutar da espectacular paisaxe, aprenderon moitas cousas sobre apicultura facendo incluso unha visita a diferentes colmenas, coa protección adecuada, e despois degustamos algúns dos seus productos: mel, xalea real...; tamén coñecemos moitas cousas sobre os animais da granxa, xa que poidemos visitar e dar de comer a galiñas, patos, pavos, ovellas, o carneiro Breogán, a burra Rosario, o cabalo Pirata, a poni Wilma, a terneira Saltarina, as cabras, o porco celta e os coellos;por último, fixemos un roteiro onde aprendimos cousas sobre diferentes plantas, visitamos unha reproducción dun poboado de cultura castrexa e finalmente observamos a comarca de ferrol cuns prismáticos.
Para comer acercámonos ao espazo natural de Pedroso do Molino, onde disfrutamos da incomparable paisaxe xunto o río Xubia e xogamos moi pouco porque o tempo xa non nos daba para mais. Todas as fotos as podedes ver premendo nos seguintes enlaces: Aldea Nova e ALDEA NOVA 2.





29.5.17

HORA DE LER (4º E.I. e 6º E.I.)

Marián e Iker  5 anos contáronnos o conto de "Garavanciño" 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


DOUS CANGREXOS DE VAN GOGH (4º E.I.)

Este cadro pouco coñecido de Van Gogh escollímolo para a nosa porta porque foi unha das aportacións sobre a pintor. E, coma é un cadro que poucos coñecemos decidimos mostralo desta maneira.



26.5.17

A GALIÑA AZUL (5º E.I.)





Para rematar o  Mes das Letras estivemos traballando a Galiña Azul de Carlos Casares. Primeiro visionamos un conto que realizaou sobre este libro as aulas de Educación Especial do colexio Compañia de María. Despois realizamos sumas coas plumas da galiña azul, para finalmente facer a nosa propia galiña cunha técnica nova que é tinguir sal cun contagotas. Todo o traballo o podedes ver premendo no seguinte enlace: a galiña azul.







25.5.17

ACTUACIÓN MES DAS LETRAS ( 6º EI )


Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais de traballar a Carlos Casares na aula, participamos no Festival recitando as poesías realizadas na actividade Gori-Gori ( invención de versos a partir dun cadro). Os versos fixéronse coa axuda das familias a partires dunha ilustración de Aurora Cascudo na que homenaxea a Rosalía de Castro.


24.5.17

CONTACONTOS : VISITAMOS A AULA DE 5º DE EI ( 6º EI)

Hoxe Alejo e Babel leron o conto de Os Bolechas queren saber...como é a Policía Local. Fixéronno moi ben e aprendimos moitos consellos sobre Educación Viaria.




iaria