31.10.16

PANTASMAS DE CHOCOLATE (5º E.I.)

O pasado xoves quixemos festexar o Samaín cunhas ríquisimas piruletas de pantasmas. Para iso fumos a cociña e investigamos como poderíamos convertir unha onza de chocolate branco nunha pantasma, despois de darlle moitas voltas e incluso algún un pequeno mordisquiño... alguén propuxo que tiñamos que derretir o chocolate, así que nos puxemos a traballar. Todas as imaxes as podedes ver premendo no seguinte enlace: piruletas de pantasmas.

30.10.16

MAGOSTO (5º E.I.)

O pasado venres festexamos a festa do Magosto e mentras preparaban as castañas fumos o centro cívico ver a película Hotel transilvania. Foi moi divertido porque cada un tiña a súa entrada e buscamos o noso asiento, como os cines de verdade!


Despois xa comimos as castañas no cole e saímos xogar ao patio con todos os nosos compañeiros.


 

CONCURSO DE CABAZAS

Rematada a semana de lecturas terroríficas, pechouse a mesma entregando os premios as mellores cabazas, sendo as gañadoras:
  • Premio a Cabaza máis actual para BABEL de 6º E.I.
  • Premio a Cabaza máis cómica para ALMA de 1º E.P.
  • Premio a Cabaza máis orixinal para MARTA A. de 4º E.P.
  • Premio a Cabaza máis terrorífica para ISMAEL de 5º A E.P.
O vídeo resumo de toda a celebración do Samaín o tedes no blogue da biblioteca. 
 

 

28.10.16

MAGOSTO (4º E.I.)

Hoxe celebramos o Magosto con todo o cole. Os nenos e nenas de infantil xunto cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fomos o cine no centro cívico de Malpica a ver Hotel Transilvania 1, gustoulles moito e poratronse moi ben no cine.
Despois da película xogamos un pouco no patio mentres acaban de asar as castañas. Estaban moi ricas, Dar as grazas as/os profes que se encargaron de asalas. 


SAMAÍN

O xoves tivemos a visita de dúas pantasmas que  contaron o conto dunha pantasma que se sentía soa e buscaba compañía. Contaronno  a escuras cunha linterna coma único punto de luz. Unha vez rematado metimos as mans nunhas bolsas coma sorpresa tiñan chuches de samaín (cabazas, cerebros, etc...). E, para rematar coloreamos unhas pantasmas para casa e convertímonos e bruxiños e bruxiñas.



Podedes  ver máis  fotos  premendo no seguinte enlace: A fantasma cuadriculada