27.9.12

A VENDIMA



Xa estamos no outono e como xa sabemos comeza a época de recoller as uvas, pisalas e tratar o seu zume para facer o viño. Como era de esperar tamén fixemos o noso propio "viño", esmagando a uva coas mans. E ademais, reciclamos un pouco de viño para pintar as uvas da ficha de arte.
Hai que ver como traballamos!!!

26.9.12

POR 1ª VEZ NO COLE!!



Por fin comezamos o cole!!!
Estamos entusiasmados por xogar, coñecernos e aprender a ser maiores.
E neste período de adaptación logramos os nosos obxectivos: xa non lle temos medo a vir ao cole nin a subir no bus, fixemos novos amigos/as, xogamos cos distintos rincóns da clase, coñecemos as rutinas e xa comezamos a traballar con fichas e xogos. Ademais fixamos unhas normas para a aula que xa comezamos a cumplir e coñecemos aos especialistas que nos acompañarán neste curso xunto co noso amigo Cuqui que fala en inglés e Parrulo Pepe.

QUÉ DIVERTIDO É O COLE!!!

2.7.12

Camisetas artísticas



Antes de rematar o curso celebramos A Tómbola, xogamos a xogos populares e recibimos unha estupenda camiseta de premio. E por suposto, como artistas que somos démoslle un toque persoal e especial. Un recordo máis que nos permite expresar e ampliar a nosa visión artística do mundo dende o noso punto de vista; a dos nenos. Seguro que as poñemos de moda!!

28.6.12

Rematou o curso!


Un ano máis celebramos o remate do curso e para iso fixemos un festival cheo de cancións e bailes . Os nenos e nenas disfrutaron saltando nos hinchables xunto cos alumnos/as do colexio de Buño e o CRA de Ponteceso, que ben o pasaron! que ganas de saltar lle entraron ós mestres tamén! despois o Anpa fíxolles unha merenda e os nenos despedíronse dos compañeiros e mestres ata o curso que ven. Boas vacacións a todos e todas e esperamos que o curso que ven veñamos todos coas pilas ben cargadas! Un saúdo.

15.5.12

Paz Andrade


No colexio de Santa Comba, prepararon este video coa vida de VALENTÍN PAZ ANDRADE que é o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. A min pareceume que vos había de gustar. Aquí volo deixo e xa me contaredes se acertei.

3.5.12

TALLER DA PRIMAVERA


O último taller que fixemos foi moi especial, xa que traballamos a simetría, fixemos debuxos da primavera e creamos unha maceta con forma de cara. E xa comezamos a ver como lle nace o pelo (as primeiras herbas). Foi moi divertido e aprendemos  a reutilizar materiais de refugallo. Por suposto, foi todo posible gracias a colaboración das nosas nais, foi estupendo!!