14.7.11
O 3º TRIMESTRE EN 4 ANOS
FIN DO CURSO 2010-2011
Neste 3º trimestre tan curto e emotivo rematamos o mural da reciclaxe e fixemos numerosas celebracións descubrindo novas experiencias e divertíndonos todos xuntos máis que nunca.
Como o Día das Letras Galegas, co noso poeta e autor Lois Pereiro e os xogos populares.
A Festa de Fin de Curso, onde amosamos as nosas habilidades musicais e despedimos os compañeiros/as de 5 anos da fermosa etapa de Educación Infantil.
E non nos esquezamos da Festa da Convivencia, que nos permitíu gozar dunha foliada sen precedentes.
FELIZ VERÁN E ATA O PRÓXIMO CURSO!
10.7.11
Xogos para o verán
Por se vos apetece xogar un ratiño, traiovos este paquete de actividades da Generalitat Valenciana, dirixido a nenos e nenas de 4 e 5 anos.Son xogos interactivos que, tendo como motivo os BICHOS, lembran conceptos de matemáticas, lecto-escrita, manexo do rato... e sobre todo...¡son divertidos!
Para acceder, só hai que premer no enlace.
19.5.11
A CASA DO QUEIXO
Visitamos animais domésticos e aprendemos a elaborar o queixo. Ademáis, ensináronnos a tratar a lá e, sobre todo, xogamos moito. QUÉ BEN O PASAMOS!!
20.4.11
OBRADOIRO DE RECEITAS PRIMAVERAIS
Qué ben o pasamos!! Ademáis, aprendemos a desenvolver 3 receitas: TARTA PRIMAVERAL, PINCHOS DE FROITAS E CREPS DE CHOCOLATE.
Tamén a manipular os alimentos a traballar e colaborar en equipo e sobre todo,
que comer ben e cociñar pode ser moi divertido!!
O ANTROIDO DOS CATIVIÑOS
No antroido fomos ao desfile polo paseo da praia para lucir os nosos traxes. Qué guapos estabamos!! Os de 3 anos fomos de XOANIÑAS, os de 4 de GUSANOS DE CORES e os de 5 anos de MOSQUITOS. Xuntos respresentamos algúns dos insectos máis peculiares que forman parte da biodiversidade. Tamén fixemos festa a rachar e comemos larpeiradas galegas tradicionais coa colaboración dos nosos pais e nais. E ao longo da semana, iniciámonos cos sombreiros e as caras pintadas nesta festa cultural tan divertida. ENHORABOA PARA TODOS OS ANTROIDEIROS!!
2º TRIMESTRE EN 4 ANOS
Descubrimos os medios de comunicación e os transportes. Analizamos críticamente a publicidade, desenvolvemos a nosa creatividade coa creación de micrófonos e a chegada da primavera e especialmente; DIVERTÍMONOS APRENDENDO!!