20.4.11

OBRADOIRO DE RECEITAS PRIMAVERAIS




Qué ben o pasamos!! Ademáis, aprendemos a desenvolver 3 receitas: TARTA PRIMAVERAL, PINCHOS DE FROITAS E CREPS DE CHOCOLATE.


Tamén a manipular os alimentos a traballar e colaborar en equipo e sobre todo,


que comer ben e cociñar pode ser moi divertido!!

O ANTROIDO DOS CATIVIÑOS




No antroido fomos ao desfile polo paseo da praia para lucir os nosos traxes. Qué guapos estabamos!! Os de 3 anos fomos de XOANIÑAS, os de 4 de GUSANOS DE CORES e os de 5 anos de MOSQUITOS. Xuntos respresentamos algúns dos insectos máis peculiares que forman parte da biodiversidade. Tamén fixemos festa a rachar e comemos larpeiradas galegas tradicionais coa colaboración dos nosos pais e nais. E ao longo da semana, iniciámonos cos sombreiros e as caras pintadas nesta festa cultural tan divertida. ENHORABOA PARA TODOS OS ANTROIDEIROS!!

2º TRIMESTRE EN 4 ANOS


Descubrimos os medios de comunicación e os transportes. Analizamos críticamente a publicidade, desenvolvemos a nosa creatividade coa creación de micrófonos e a chegada da primavera e especialmente; DIVERTÍMONOS APRENDENDO!!

30.3.11

FOMOS DE EXCURSIÓN  A BUÑO! 
E descubrimos cómo vivían os nosos maiores nas antigas casas de pedra, así como moitas ferramentas que se empregaban para cociñar e traballar na terra, no mar e na creación de utensilios de barro.
Ademáis, enseñáronnos cómo se dá forma a estos obxectos de barro, para crear unha taza ou unha figura decorariva. Tamén cómo se pintan unha vez secos e a diversidade de obras de arte que se poden crear.


E o mellor de todo!, poidemos practicar a arte da alfarería moldeando nós mesmos o barro e seguindo as instrucións do alfareiro. É unha profesión formidable!!

EXCURSIÓN A BUÑO


21.2.11

A semana do 14 ao 18 de febreiro celebramos no colexio "A Semana do Amor". Para a súa conmemoración lemos lecturas adicadas ao mesmo, acudimos ás representacións de contos, escoitamos poemas, refráns e cancións que prepararon os nosos compañeiros/as de primaria.
E cómo non!, tamén os cativiños nos estreamos no escenario da biblioteca.
Os de 5 anos representamos e lemos o conto "Amor de Mar".
E os de 3 e 4 anos dramatizamos e cantamos a canción "Dos Poliños".
E visto o éxito obtido seguro que pronto actuaremos de novo.

Nas fotos das dúas pantallas que hai enbaixo podedes ver as nosas actuacións.