23.4.25

Saída Área recreativa de Gabenlle en Laracha

 Rematamos o segundo trimestre cunha saída ao Área recreativa de Gabenlle en Laracha para complementar o traballo sobre o bosque e os animais que están realizando nas diferentes aulas de infantil. Podedes ver todas as imaxes desta xornada premendo no seguinte enlace: Gabenlle.




10.4.25

Taller de flores

 O pasado xoves o alumnado de 3 e 4 anos acudiron a cociña a realizar un taller de flores, organizado pola profe en prácticas Lara. Desfrutaron cos trasvases, tenguindo a auga, colando as flores, dándolles diferentes olores...podedes ver todas as fotos premendo na seguinte imaxe.






Ovos de pascua

 Durante estes días o alumnado de Educación Infantil realizaron varias actividades en torno aos ovos de pascua, decorando ovos de madeira, realizando bombóns de chocolate con forma de ovo na aula de cociña, facendo unha búsqueda de ovos polo patio... podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte imaxe.



24.3.25

Excursión Acuario

 



O alumnado de Educación Infantil o pasado xoves visitou o acuario de Coruña, podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: acuario.

13.3.25

Día da Muller: herdeiras das pandereteiras de Mens

 


O pasado luns conmemoramos o Día da Muller traballadora coa visita de catro integrantes pandereteiras da Asociación Cultural e deportiva Carcaxía de Seaia. Desta maneira, Teresa, Isabel, Basilisa e Ana deleitaron o alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria co seu cantar e o seu tocar, responderon moi amablemente a todas as preguntas que lles fixeron e incluso cantaron unhas pezas co alumnado que asiste as súas clases. Posteriormente o alumnado de Educación Infantil elaborou a súa biografía para colocar no mural común do centro polo Día da Muller. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: día da muller.



Contacontos Charo Pita

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil recibiu a visita da contacontos Charo Pita que nesta ocasión visitounos para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Contou historias de nenas valentes e independentes e enganchou aos alumnos e alumnos con todos e cada un dos seus persoaxes. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Charo Pita.




27.2.25

Aula sensorial - Entroido

 Esta semana volvimos a aula sensorial para realizar actividades relacionadas co Entroido, como por exemplo:

- Pulseiras con luz ultravioleta.

- Minimundos e mandalas con elementos de entroido.

- Mesa de luz con caretas e paiasos.

- Elaboración de máscaras.

- Poñerlle as partes ao paiaso con ollos tapados.

- Buscar pedras preciosas no arroz e con lanternas.

E a nosa favorita foi disfrazarnos. Podedes ver todas as fotos de todos os cursos premendo no seguinte enlace: aula sensorial entroido.