Esta semana descubrimos a Illa de Reciclaxe, creada polo alumnado de 6ºEP na subida ó andar 2. Cada peque levou un ou varios materiais que non nesitamos e tiveron que buscar a caixa onde deixalos!!
18.3.22
15.3.22
DACTILOPINTURA (5ºEI)
Durante as últimas semanas, os peques utilizando as súas mans crearon uns vehículos con pintura de dedos.
Así de bonitas quedaron as nosas obras artísticas!!!!
11.3.22
Formación con Julia de la Cal: Estrutura de vimbio
Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos ós centros do Plan LIA2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, neste ano dirixida ó alumnado, á familia e en xeral a toda a Comunidade Educativa.
Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos na realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal, xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-material, neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e costa da Morte, e agora en marzo dirixido ó traballo realizado polas mulleres.
Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ó remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como Comunidade Educativa que somos.
Agradecer a Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación, así como a todas as familias que puideches vir ó cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!
OFICIOS TRADICIONAIS
Dentro do PDI NÓS: patrimonio in-material, estamos traballando durante este trimestre os oficios tradicionais de Malpica e da Costa da morte.
Dende o Equipo de Radio propuxeron, para a posta en práctica do Laboratorio de Son, a realización de entrevistas sobre dita temática para festexar así, o Día da Muller Traballadora, e na nosa clase, e grazas ás familias, tivemos un montón de entrevistas realizadas nas casas, en formato papel, audio ou vídeo.
Ademais de traballalas na clase, subimos a Radio Balea, onde falamos un pouquiño sobre eses oficios tradicionais, e aquí o Podcast final:
DÍA DA MULLER ( 5º EI)
Entre outras actividades para a conmemoración do Día da Muller traballadora, o alumnado realizou entrevistas a mulleres do seu entorno con oficios tradicionais. Aquí tedes unha recopilación dos traballos que realizaron o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil nas súas casas:
ANIVERSARIO DE BRAIS ( 5º EI)
Hoxe no cole celebramos o aniversario de Brais, que xa cumple 5 anos. Para iso, esta semana pintou a tarta que máis lle gustou entre as dispoñibles, e a adornamos coas boliñas de plastilina que fixeron os seus compis.
Despois de soplar as velas e cantarlle, tod@s recibiron un agasallo, moitas grazas!!!!
MOITAS FELICIDADES BRAIS!!!
4.3.22
ENTROIDO (5º EI)
O xoves 24 de febreiro, 4º e 5º de Educación realizamos unha festa de disfraces, na que cada quen podía vir ó cole como lle apetecera. Na nosa clase, antes de baixar á festa, tivemos unha grande merendola grazas a Ana e a Urko, os papás de Laia, que trouxeron unha cesta cheíña de cousas para compartir entre todos: filloas, crema de cacao para untar, un paquetiño individual con magdalenas, aspitos, chuches, unhas máscaras de photocall de agasallo, servilletas de cores...
Quedamos todos alucinando con semellante agasallo!!!!!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
Despois baixamos a psicomotricidade onde bailamos e xogamos coa música do cole que máis nos gusta. Foi unha xornada moi divertida.
E o venres 25, disfrazámonos, igual que o resto da Comunidade Educativa, de madamitos e madamitas de Cerqueda. Posto que o tempo non acompañou, cambiamos o pasarrúas en Malpica por un desfile no pavillón ó que convidamos as familias. Tras lucir os disfraces despois do desfile de 4º de EI, ambas clases bailamos a Riveirana, unha das cancións típicas desta tradición na nosa vila, para deixar paso ó seguinte turno de desfile.
