1.12.21

ANIVERSARIO DE MAYRA ( 5º EI)

 Hoxe celebramos o aniversario de Mayra, agora xa ten 4 ANOS!!!!!!!!

Cantámoslle, soprou a candea despois de pedir un desexo e levou a súa tarta, pintada por ela mesma e decorada pol@s compis, que ademais recibiron un agasallo!!! 







MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!

26.11.21

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero ( 5º EI)

Lab. Experimental: cambiando a visión!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.


Presentamos o mural Visión 3D: Diálogo + Dereitos + Dignidade que a BE-LeoLab Milladoiro expón no corredor do 1º andar, o 25N en relación co Laboratorio Experimental que se está a implementar nas aulas este mes de novembro.

Ao longo desta semana, tod@s experimentaremos a visión 3D coas imaxes estereoscópicas de diferentes títulos que dan tratamento á igualdade de xénero e pecharemos a experiencia elexindo unha lectura de vida para compartir nas aulas, así como deixando a nosa pegada polo 25N. 

Na nosa clase lemos o conto "O libro dos Porcos", para traballar a corresponsabilidade e a igualdade no fogar, e despois probamos as gafad 3D e puxemos a nosa pegada!!!


FOTOS


Porque xunt@s podemos ser, atrevéndonos a ser nós: dialogando, respectándonos, con dignidade; rememorando o produto final que xurdiu na área de Educación Musical o pasado curso: Depende de los 2

Elas, as protagonistas de cada exemplar, cambiaron o conto e nós

seguimos querendo... cambiar o conto!

24.11.21

RECREOS MOLÓNS ( 5º EI)

 Nesta semana, coa entrada de  frío e vento, non podemos xogar nos columpios, así que onte xogamos en psicomotricidade coas colchonetas, os aros e os carozos de millo. 

Unha das ideas que xurdiu foi facer mandalas e construcións e fixeron cousas moi chulas!!!









Martes Robóticos: comezando un novo proxecto ( 6º EI)

 Onte comezamos a preparar un novo titorial: Como crear un robot pintor!!


Pensamos... Que é imprescindible para que un robot poida moverse? Enerxía. Así que collimos os portapilas, buscamos os signos da polaridade e  o mesmo coas pilas, despois colocámolas de forma correcta.

Unha vez este traballo feito, seguimos pensando... Se xa temos a enerxía...Que precisamos para transformala en movemento? Un motor.

Cada peque colleu un motor e conectámolo co portapilas, utilizando uns cables, pero tendo en conta que o negro é o polo negativo e o vermello o polo positivo.

Por último encendimos o interruptor e...O MOTOR XA SE MOVE!!!












Continuaremos...

ANIVERSARIO DE LUCAS ( 5º EI)

 Onte celebramos o aniversario de Lucas que xa ten 4 ANOS!!!!!!!

Soprou as velas da tarta que el pintou e decorada polos compis con boliñas de plastilina. Cantámoslle, pediu un desexo e recibimos agasallos!!!!!!!!



MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!!





19.11.21

Mes da ciencia en Galego nas Biblioteca (5º E.I.)

 No CEIP Milladoiro estamos traballando neste mes de Novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e para iso cada clase ten que realizar un experimento científico que exporá nos corredores para que o resto das clases poidan ter acceso a el. Na aula de 5º E.I. aproveitamos o proxecto dos vehículos que estamos realizando, para facer unha investigación científica sobre os experimentos relacionados cos movementos dos vehículos e, entre todo o material encontrado, decidimos facer un coche propulsado.



Unha vez comprobado todos os materiais que precisábamos, por equipos cada grupo fixo o seu propio coche e despois comprobamos porque andaban diferentes e uns chegaban máis lonxe que outros.












Finalmente, buscamos un nome para estes coches tan fantásticos, quedando Minigloboches e fixemos a nosa exposición para que todos os nosos compañeiros e compañeiras poidan realizar este experimento. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Minigloboches.




17.11.21

Martes robóticos: Video titorial de Realidade aumentada con plastilina ( 6º EI)

 Durante varios martes, o alumnado de 6º de Educación infantil aprendeu a utilizar a app de Play -Doh Touch para dar vida as diferentes figuras creadas en plastilina.

 

Cada vez estructuran mellor o seu discurso e disposición nas gravacións!!!!!!!

NORABOA CHIC@S!!!




Vídeo titorial RA con plastilina - Kizoa Movie Maker