25.3.21

ESCAPE ROOM ( 4º EI)

 Hoxe, para rematar o trimestre realizamos un xogo de escapismo, no que a Serea Leo nos daba media hora para atopar uns agasallos agochados na aula de apoio infantil. Primeiro visualizaron o vídeo explicativo e despois buscamos as pistas , abrimos candados de números e de chaves, descubrimos os números cun código Qr na plantilla do Robot Doc, o número 4 pintado con luz ultravioleta, o 2 nunha caixiña e o 1 montando as pezas dun puzle. 

Foi moi divertido e ademais os tres pequenos grupos atoparon o agasallo da Serea Leo: sementes de flores!!!!!



Como o fixeron moi ben, levaron de premio un óvo e un coelliño de fieltro!!!


Copia de ESCAPISMO - Kizoa Movie Maker








Recunchos (3 anos)

 Esta semana foi toda de actividades novas e non podían ser menos os recunchos, así que o xoves rotamos polas diferentes zonas de xogo.








22.3.21

ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)

 Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!

Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.

Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!






ÓVOS ULTRAVIOLETAS

Cociñando ( 4º EI)

Hai unhas semanas, tras realizar a actividade na cociña  Que comen as aves?, sobrounos moita froita: uvas, plátanos e fresas, e tamén un pouco de chocolate.

Para non tirar e desaproveitala froita, decidimos realizar algunha receita na que tiveran que seguir cortando, extendendo chocolate e vendo a transformación da materia, así que fixemos batidos que estaban boísimos, aínda que a algúns non lles gustou moito, pois non tiña máis azucre que o natural da froita e o pouco chocolate que extenderon por dentro do vaso, o que quixo claro.

Para ver as imaxes premede no seguinte enlace:


18.3.21

Laboratorio de Ideas: "Maruxa" (5º-6º EI)


 O Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia comezou coa lectura de  "Maruxa" de Eva Mejuto para concienciarnos da igualdade entre mulleres e homes, rematando por ir ao laboratorio de cociña a facer pan: medidas, mesturas, fermentación, temperatura...

Picando na imaxe accederedes ás fotos do noso laboratorio.

Un laboratorio moi divertido!

12.3.21

ANIVERSARIO DE BRAIS ( 4ºEI)

 Hoxe estamos de aniversario, Brais cumple 4 anos, polo que hoxe levará a casa a coroa que el decorou e o cartel cos debuxiños que lle regalaron os seus compañeiros e compañeiras.







MOITAS FELICIDADES BRAIS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!