10.3.21

Que comen as aves?

 Hoxe estivemos investigando que comen as aves, a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tíñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.



Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.



9.3.21

Niños de paxaros (3 anos)

 Seguimos coa nosa  investigación dos paxaros do bosque e, nesta ocasión, estivemos traballando como fan os seus niños. Para iso fumos fora recopilar paos que logo pegamos e decoramos o ovo con papeliños de cores, así que bonitos nos quedaron, podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: ovos.




8.3.21

ENVÍO DE CARTAS ( 4ºEI)

 Os nosos peques xa recibiron en casa as cartas que escribimos entre nós, que alegría recibir unha sorpresa en forma de carta no buzón da casa realizada por outros/as compañeiros/as!!!!!!!




RECIBIMOS AS CARTAS

Día da Muller Traballadora (3 anos)

 


Hoxe conmemoramos o Día da Muller Traballadora coa actividade "Quen cociña nos contos infantís?". Para iso fomos á biblioteca a buscar contos nos que aparecera alguén cociñando e despois estivemos analizando, e comprobamos, que na maioría cociñaban as mamás, as avóas ou as nenas. Finalmente, relacionamos cada conto coa persoaxe que cociñaba, quedando este fermosa mural para que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén poidan reflexionar sobre este tema. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Día da muller.

4.3.21

LABORATORIO DE SON: CARTAS A ROSALÍA ( 4ºEI)

 



Neste mes de febreiro o Equipo de Radio, propuxo para o laboratorio de son a actividade :

 CARTAS A ROSALÍA. 


Nesta actividade para conmemorar o Día de Rosalía, 24 de febreiro, o alumnado tivo que escribir unha carta dirixida a Rosalía expresando dúbidas, interrogantes, sentimentos, emocións ...a partir do tratamento dunha das obras da poetisa, e realizar un podcast en Radio Balea no programa: Que me contas? Cartas a Rosalía 

Na nosa aula, un día chegou unha carta de Rosalía, nela a poetisa mandaba un fragmento adaptado dun dos poemas de Cantares Gallegos, no que dicía ter morriña da nosa terra, Galicia.






Así que para empezar, sabemos que é a MORRIÑA? BUSCAMOS NO DICCIONARIO



Xa que Rosalía botaba de menos os nosos bosques, as arboredas, ríos, prados ... Pensamos que botamos de menos nós, así que lle respondimos a Rosalía nunha carta as nosas respostas e as gravamos na radio.




                                            






 Co poema que recibimos da carta de Rosalía decoramos esta fermosa árbore, quedando un mural moi colorido. Podedes ver todas as fotos desta xornada premendo no seguinte enlace: Rosalía de Castro.






Tamén estivemos realizando un xogo sobre Rosalía de Castro que podedes tamén realizar dende as vosas casas premendo no seguinte enlace: 

3.3.21

Actividades con animais

 Seguimos traballando os animais, e aínda que aparecen máis que os do bosque, creemos que son moi interesantes estas dinámicas para facer tamén na casa.



1.3.21

LEOLAB ( 4º EI)

Hoxe, na hora de xogo por recunchos, decidimos ir ó Leolab onde tiñan que xogar libremente entre as distintas opcións:


- Construcións con Lego, palliñas e Kappla

- Mesas de luz

- Escornabots

- Mesa interactiva: xogos de trazo de letras

- Pantalla multitáctil: xogo sobre o Bosque


LEOLAB 


Na pantalla multitáctil xogamos con este Genially sobre o noso Proxecto:O Bosque