20.12.17

GORRO DE LÁ (6º E.I.)

Que bonita quedounos este ano a nosa árbore e canto traballo nos deu facer os gorro de lá. Algún dos nenos/as foron todos uns artistas pasando os fíos a través do trociño do tubo de papel pero outros fixemos líos que soamente eramos capaces de quitar cortando coas tesoiras pero ao final todos colléronlle o truquiño e este foi o fermoso resultado (incluso o decoramos cun copo de neve feito coa impresora 3D), podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: gorros.


Cocorico

Cocorico from bemilladoiro on Vimeo.

Comezamos a nosa canle de Booktubers con esta recomendación que nos fan Clara e Dania da aula de 4º de Infantil

POSTAIS (6º E.I.)


Este ano enchémonos de purpirina para felicitar as festas, así de bonitas quedaron as nosas postais que mañán levaran cada neno/a coa sorpresa da foto deste ano. Podedes ver todas as fotos do traballo que realizamos premendo no seguinte enlace: postais.


ACTIVIDADE MAKER (6º E.I.)

O pasado luns fixemos o noso primeiro contacto coas actividades maker, que é unha palabra que imos empezar a empregar moito en educación. Esta actividade consistiu en crear diferentes circuitos en grupo para despois poder facelos cos escornabots, para elo fixemos barreiras con pizas e palliñas, pontes con tubos do papel, puxemos animais polo menos... ao principio foi moi complicado pero pouco a pouco fumos aprendendo dos nosos erros e resultou unha experiencia moi enriquecedora. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: circuitos.



19.12.17

POLVORÓNS (6º E.I.)

Estamos en tempo de Nadal e, polo tanto, chegou o tempo das larpeiradas. Nesta ocasión fixemos polvoróns sen gluten, tivemos varias complicacións e quedáronos algo duros pero de sabor estaban moi ricos, aínda co mellor de todo foi poder traballar con as nosas máns. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: polvoróns.




16.12.17

ÁRBORE DE NADAL (5º E.I.)

Xa acabamos a árbore de Nadal da nosa clase. Este ano fixemos estrelas para colgar na árbore e unhas postais con forma de bola para felicitar as festas. Quedounos moi bonito, e, o máis importante, todo feito polos nenos e nenas, que como vedes son uns grandes artistas.




PEIXES CRUS (5º E.I.)

Esta semana trouxeron o cole peixes crus, polo que fomos á cociña a observalos.
Aprendimos que para respirar teñen branquias; no seu corpo hai escamas; teñen dous ollos, a cada lado ou no mesmo plano; etc. Tamén tocámolos, estaban fríos, algúns dixeron que eran suaves outros que pinchaban. E, incluso, algún non quería tocalos, encantoulles a experiencia, moitos recoñeceron que peixes eran e dixeron que os comen na casa.