14.12.16

PROXECTO "O MEDO" (5º E.I.)


Rematamos o proxecto deste primeiro trimestre ,"O MEDO", e como xa superamos moitos dos nosos medos recibimos un diploma e así convertímonos en SUPERVALENTES.


11.12.16

A PANTASMA COMEMEDOS

Xa chegou o momento de despedirnos da pantasma comemedos porque xa temos superados moitos dos nosos medos e rematamos este proxecto tan fascinante. Desta maneira, cada un decorou a súa propia pantasma para poder levalo para casa e entre todos decoramos a pantasma da clase para que estivera máis festivo e agora xa non da nadiña de medo. Todas as fotos premendo na seguinte imaxe.

https://goo.gl/photos/WtUeQwU1UQdqzVNH9


 

8.12.16

Pollock:o goteo

A principal técnica artística utilizada por Jackson Pollock era o goteo, así que puxemos mans á obra para facer arte deste modo tan divertido e especial!!







 


5.12.16

MANUALIDADES NADAL (4º E.I.)

Xa estamos en decembro, mes de nadal. E, xa empezamos facendo manualidades da época. A primeira que fixemos foi coa man, pintura e pincel.


1.12.16

MONSTROS QUE NON DAN MEDO (5º E.I.)


Esta semana tocoulle o turno os monstros que non dan medo, porque soamente están nos nosos soños e na nosa imaxinación, por eso cada uno de nos pode imaxinar o seu monstro como queira. Desta maneira, pasámolo en grande facendo os nosos propios monstros con miles de ollos, plumas, pernas e patas... Podedes ver todas as fotos premendo no seguiente enlace: Monstros.