18.12.12
A vosa árbore
Hoxe estiven a dar unha volta polo cole e...¿que vin? ESTA FERMOSA ÁRBORE DE NADAL!!!
Xa supoño que tódolos adorniños fixéchedelos vós e amin gustáronme moito, moito.
Dentro duns dís xa serán vacacións así que ¡Ata a volta!
Ah! e non esquezades pedir un libro na carta que lles escribades ais Reis.
Víchedes os que pedín eu?
6.12.12
O NOSO PROPIO CORPO
Estos días descubrimos cousas novas do noso corpo e de nós mesmos. Coñecemos o nome de moitas partes do corpo, as diferencias e similitudes entre nós e con outras especies e a importancia de cada unha delas.
E fixémolo a base de xogos, algunha creación artística e sobre todo...bailando e cantando, o que máis nos gusta!!
Logo descubriremos os poderes máxicos dos sentidos que de seguro que nos sorprenderán, non o perdades!
26.11.12
O Outono e o Samaín
Xa estamos no outono e decubrimos os cambios máís significativos da natureza e as cores típicas da estación. Contamos, escoitamos e vimos contos seguindo a sinfonía de Vivaldi, experimentamos cos sentidos as características das follas secas e creamos un cadro e un mural con innovadoras técnicas artísticas.
Para conmemorar o día de Samaín tamén creamos caretas monstruosas, debuxamos e comentamos elementos que nos dan medo e ampliamos o noso vocabulario.
HAI QUE VER COMO TRABALLAMOS!!
25.11.12
romería de inverno
Hola a todos e todas! o martes 13 de novembro fixemos unha saída á romería de inverno en Cabana de Bergantiños, algúns nenos e nenas viñeron disfrazados de velliños e velliñas , que guapos estaban!!.Na excursión viaxamos nun tren, visitamos a fonte milagreira, a igrexa de Carme do Briño, comemos castañas e bailamos.Pasámolo xenial como podedes ver nas seguintes fotos,espero que vos gusten. :)
22.11.12
O twist dos esqueletos
Qué ben o pasamos na nosa 1ª actuación no Samaín! Os bailaríns máis movidos!!
20.11.12
A Castañeira
Estes son os nenos e nenas da EEI Barrionovo de Arteixo contando o conto que fixeron en kamishibai.
Seguro que vos gusta e decidídesvos a facer algo semellante!
30.10.12
COÑECEMOS OS COGOMELOS
Estos días descubrimos un novo alimento típico do outono que podemos atopar nos montes e bosques galegos e que aínda hoxe son moi descoñecidos pola súa gran variedade. Famalos dos cogomelos!!
Algúns son comestibles, e moi bos e outros son as casas dos Pitufos. Pero coidado!!, tamén os hai que son tóxicos ou non comestibles e poden ser perigosos para a saúde. Descubrimos as súas formas, as cores e representámolos con plastilina e con debuxos.
Aínda falta moito para ser expertos...pero....pouquiño a pouquiño descubrimos os seus recunchos máis descoñecidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)