25.11.12

romería de inverno

Hola a todos e todas! o martes 13 de novembro fixemos unha saída á romería de inverno en Cabana de Bergantiños, algúns nenos e nenas viñeron disfrazados de velliños e velliñas , que guapos estaban!!.Na excursión viaxamos nun tren, visitamos a fonte milagreira, a igrexa de Carme do Briño, comemos castañas e bailamos.Pasámolo xenial como podedes ver nas seguintes fotos,espero que vos gusten. :)

20.11.12

A Castañeira

Estes son os nenos e nenas da EEI Barrionovo de Arteixo contando o conto que fixeron en kamishibai. Seguro que vos gusta e decidídesvos a facer algo semellante!

30.10.12

COÑECEMOS OS COGOMELOS



Estos días descubrimos un novo alimento típico do outono que podemos atopar nos montes e bosques galegos e que aínda hoxe son moi descoñecidos pola súa gran variedade. Famalos dos cogomelos!!
Algúns son comestibles, e moi bos e outros son as casas dos Pitufos. Pero coidado!!, tamén os hai que son tóxicos ou non comestibles e poden ser perigosos para a saúde. Descubrimos as súas formas, as cores e representámolos con plastilina e con debuxos.
Aínda falta moito para ser expertos...pero....pouquiño a pouquiño descubrimos os seus recunchos máis descoñecidos.

27.9.12

A VENDIMA



Xa estamos no outono e como xa sabemos comeza a época de recoller as uvas, pisalas e tratar o seu zume para facer o viño. Como era de esperar tamén fixemos o noso propio "viño", esmagando a uva coas mans. E ademais, reciclamos un pouco de viño para pintar as uvas da ficha de arte.
Hai que ver como traballamos!!!

26.9.12

POR 1ª VEZ NO COLE!!



Por fin comezamos o cole!!!
Estamos entusiasmados por xogar, coñecernos e aprender a ser maiores.
E neste período de adaptación logramos os nosos obxectivos: xa non lle temos medo a vir ao cole nin a subir no bus, fixemos novos amigos/as, xogamos cos distintos rincóns da clase, coñecemos as rutinas e xa comezamos a traballar con fichas e xogos. Ademais fixamos unhas normas para a aula que xa comezamos a cumplir e coñecemos aos especialistas que nos acompañarán neste curso xunto co noso amigo Cuqui que fala en inglés e Parrulo Pepe.

QUÉ DIVERTIDO É O COLE!!!

2.7.12

Camisetas artísticas



Antes de rematar o curso celebramos A Tómbola, xogamos a xogos populares e recibimos unha estupenda camiseta de premio. E por suposto, como artistas que somos démoslle un toque persoal e especial. Un recordo máis que nos permite expresar e ampliar a nosa visión artística do mundo dende o noso punto de vista; a dos nenos. Seguro que as poñemos de moda!!