16.6.26

Xogos con auga (4º E.I.)


Hoxe tivemos unha xornada de auga na clase de 3 anos, na que realizamos as seguintes actividades:
- Tren de lavado de coches e bonecos.
- Clasificación de pelotas de cores que estaban na auga e transportaban con cazos.
- Pesca de letras con coladores e colocación no nome dos nenos e nenas de clase.
- Creación de pócemas con herbas, flores... e trasvases a diferentes recipientes.
- E xogo libre con diferentes barquiños de cores.

Os nenos e nenas o pasaron xenial e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Xogos con auga.



 

Aniversarios verán... tamén lectores!

Xa rematando o curso, non nos podemos esqueder dos nosos compañeiros que cumplen en verán. 

 Aproveitando que temos forno novo, xa a estreamos facendo un bizcocito de cunple que o botábamos moito de menos. 


Pinchando no imaxe de abaixo podedes acceder a galería do aniversario de Álvaro e Iria. Coma sempre moitas grzas a súa familia por vir a contar o conto neste día tan especial para eles. 

Parabén Álvaro e Iria 🎉




15.6.26

Aniversario xuño...Tamén lectores!

Estamos no último mes de curso e estamos comezando esta semana co aniversario de Iván, que xa cumpliu 6 anos!

Moitos parabéns e grazas a súa avoa por vir a ler o conto neste día tan especial.



Preme na imaxe para acceder á galería

Xornada sobre rodas

 Hoxe realizamos a tradicional actividade de fin de curso, a "Xornada sobre rodas", que tanto lle gusta aos nenos e nenas e ademais lles axuda a coñecer as normas de circulación e as señales de tráfico. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Xornada sobre rodas.






12.6.26

Cociña de verán

 O pasado martes acudimos a cociña a facer unha receta saudable de verán, unha tarta xeada de froitas con iogur natural. Levaba tres capas unha de amorodos, outra de plátano e outra de frambruesa, para elo tivemos que trocear as froitas e mesturar todo coa batidora e despois deixar repososar todo no conxelador. Hoxe a probamos para merendar. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cociña.




11.6.26

Excursión O Ventoso

 Hoxe fomos de excursión á Granxa Escola O Ventoso, onde nos agardaban tres actividades moi especiais.

A primeira actividade consistiu en facer un bolo de pan. Coas mans na masa, aprendemos como se elabora e foi, sen dúbida, a actividade que máis éxito tivo.

Despois coñecemos a Caramelo, un poni moi tranquilo co que puidemos dar un pequeno paseo. Tamén visitamos os establos, onde descubrimos como viven e de que se alimentan.

Para rematar, fixemos un pequeño percorrido para coñecer algúns dos protagonistas da granxa como Mesi e Ronaldo (as cabritas), Pepa (o porquiño) ou Pompón (un precioso coello).

Rematamos o día na área recreativa de Gabenlle, onde xantamos e gozamos dun anaco de xogo no parque.



Excursión granxa-escola O ventoso (4º E.I.)

 Hoxe todo o ciclo de Educación Infantil fomos de excursión a granxa-escola O ventoso en Laracha. Realizamos moitas actividades relacionadas cos animais, os seus coidados e a vida na granxa. Comezamos elaborando o noso boliño de pan, que ademais despois levamos para casa, a media mañá merendamos unha rica froita e bebemos auga que nos deron na granxa. Continuamos montando o poni, chamado Caramelo, que nos encantou e se portaron xenial con el, ademais de coñecer os establos e todos os seus coidados. Por último, visitamos o resto de animais da granxa, a porca Pepa, o can Lucas, a ovella e as cabras, o coello pompón, as codornices, as galiñas, os patos, o pavo real... Rematamos a xornada comendo na área recreativa de Gabenlle e xogando no seu parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa-escola.



10.6.26

Aula sensorial_ verán (4º E.I.)


Hoxe acudimos a aula sensorial a realizar diferentes actividades relacionadas co verán:

- Traballamos coa area mollada na bandexa tuff coas letras, as cunchas, facendo xeados...

- Xogamos libremente nas diferentes mesas de luz, coas culleres dos xeados, as tartarugas, as moedas...

- Empregamos as pipetas, auga de cores, aromas e as flores que collimos o outro día na horta para facer as nosas propias pócemas.

- Pintamos coa luz ultravioleta no papel branco as nosas creacións libres.

- Cada un fixo o seu propio debuxo con espuma de afeitar, que semellaban xeados.

E, por último, en diferentes momentos acudimos a zona de relaxación que ten unha lámpada que semella unha peceira. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: aula sensorial.
 

8.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe celebramos o último aniversario deste curso, de Lino que tamén cumple anos no verán. Viñeron os seus pais a ler o conto de "Los tres cerditos" e ademais trouxéronos dos ricos biscoitos. Moitas gracias pola vosa participación nesta actividade.







5.6.26

Día Mundial do Medio Ambiente 2026 (4º E.I.)

 Toda esta semana estivemos traballando a importancia de coidar o medio ambiente, centrándonos sobre todo no importante que é non tirar lixo ao chan para que non acabe no mar. Fixemos múltiples actividades como xogos na pantalla interactiva, vimos varios contos sobre a reciclaxe, empregamos o robot para levar o lixo o seu contenedor correspondente, pintamos uns mandalas sobre a natureza que os transformamos en atrapa soños... e, elaboramos un cartel con area para a exposición de todo o centro que leva o lema de "Lixo viaxeiro remata no mar enteiro". Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Día do medio ambiente. 




4.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe acompañounos a mamá e o papá de Antía para celebrar no cole o seu cumple, aínda que é no verán, para poder realizar a actividade de Aniversario lector con todos os seus compañeiros e compañeiras. O libro que elexiron foi " Onde está a miña mamá?" e ademais nos trouxeron un rico biscoito que fixo Antía coa súa avoa. Moitas gracias por acompañarnos. 





Visita á horta (4º E.I.)

 


Onte realizamos unha saída moi especial xa que fumos ver unha horta de Malpica. Foi moi emocionante descubrir como son as plantas das diferentes verduras que despois vemos no noso plato, pero sobre todo empregar o sacho para encontrar as patacas. Tamén estivemos apañando nos limóns e nas flores e viñemos cargados para a casa. Ademais aproveitamos para baixar o porto, visitar as redeiras e seguir concienciándonos do importante de non tirar lixo ao chan para que despois non vaia para o mar. Podedes ver todas as fotos desta xornada tan emocionante premendo no seguinte enlace: horta. 



2.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Este mes imos celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen no verán. Comezamos con Valentina e nos acompañou a súa nai e a súa irmá, lendo un fermoso libro titulado "Llegarás hasta la luna". Tamén nos trouxeron un rico pastel de chocolate. Moitas gracias por participar nesta actividade de aniversarios lectores.




1.6.26

Excursión Coruña (5º e 6ºEI)

Fai unhas semanas desfrutamos dunha estupenda excursión á Coruña. A nosa primeira parada foi nun parque de Arteixo, onde os nenos e nenas puideron xogar, correr e compartir momentos de diversión cos seus compañeiros e compañeiras.

Despois desprazámonos á Coruña para asistir a unha obra de teatro da AFundación. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que gozamos da interpretación, da música e da maxia do escenario.

Pasamos unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e momentos inesquecibles. Preme imaxe para acceder á galería.



29.5.26

Vaca condesa (4º E.I.)


 Onte rematamos cos traballos deste curso adicados a literatura, seguindo co PDI proposto polo biblioteca "Marabillarte", e o fixemos co libro da "vaca condesa"de Juan Alfonso Belmonte. Despois de ler o conto e buscar as vogais a palabra vaca, subimos a aula de arte para facer a nosa vaca condesa inspirándonos na Madrid cow gallery. Quedaron tan ben que as imos deixar ata fin de curso para a exposición final. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vaca condesa.

26.5.26

Robot_granxa (4º E.I.)

 Estamos rematando co proxecto da granxa e hoxe para repasar as diferentes partes e os animais que nela podemos encontrar, empregamos unha actividade STEAM, usando o robot infantil da Xunta de Galicia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: robot.




20.5.26

Bandexa sensorial (4º E.I.)

 Rematamos este curso coa bandexa sensorial (tuff tray), que tanto nos acompañou este curso, con area da  praia e diferentes xogos como as letras, os xeados, os moldes...





Excursión Coruña (4º E.I.)

 A pasada semana realizamos a nosa primeira excursión e todo foi unha gran emoción, dende montarnos no autobús ata descubrir un novo parque en Arteixo para merendar. Despois acudimos a unha representación teatral na Afundación Abanca de A Coruña. Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace: excursión.



14.5.26

Festival das Letras Galegas (5º e 6º EI)

Con motivo do Festival das Letras Galegas, o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participou nunha actuación moi especial. Cantamos unha fermosa canción relacionada co noso PDI Marabillarte e co apaixonante mundo da pintura.

Foi un momento cheo de música, ilusión e emoción, no que puidemos compartir e gozar xuntos desta celebración tan especial da nosa lingua e da nosa cultura.


Festival das Letras Galegas (4º E.I.)

Hoxe fumos ao centro cívico a celebrar o noso tradicional Festival das letras, a clase de 3 anos interpretou a canción "Cocorico", seguindo co traballo da literatura dentro do PDI "Marabillarte". Ademais tamén presentamos os vídeos de DichoLeo que podedes ver no blogue da biblioteca: Dicholeo.