16.12.25

Recuncho da familia (4º E.I.)

 Este trimestre entre todos elaboramos un recuncho moi importante e que lles fai moita ilusión que é o RECUNCHO DA FAMILIA. Cada neno/a foi traendo fotos de diferentes momentos en familia e debuxos que eleaboraron na casa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: familia.



13.12.25

Leolab - 1º trimestre (4º E.I.)

 Neste primeiro trimestre acudimos todos os luns á biblioteca e o Leolab e realizamos múltiples actividades cos legos, cos imans, co tren, cos cubos... inciamos o xogo realizando as nosas construcións de maneira individual pero rápido aprendimos a traballar en equipo. Podes ver algún dos momentos no Leolab deste primeiro trimestre premendo no seguinte enlace: Leolab.



10.12.25

Aniversarios novembro...tamén lectores! (6ºEI)

Neste mes de novembro celebramos os aniversarios de Enzo e Paula. No de Paula puidemos facer o bizcoito que tanto nos gusta, con pepitas de chocolate! 😋

Pasámolo xenial cociñando, facendo o agasaio para os nosos amigos,.. pero sobre todo cos contos que nos traen as familias! 

Felicidades Enzo e Paula 🎉 


 Preme na imaxe para acceder á galería 

8.12.25

Postal de Nadal (4º E.I.)


 

Como todos os anos o Concello de Malpica organiza o tradicional concurso de postais de nadal para escoller os debuxos que ilustrarán os diferentes carteis das actividades municipais destas festas. O gañador foi a clase de 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL que elaborou un debuxo conxunto coas pegadas das mans de todos os nenos e nenas da clase e a decoración do árbore con diferentes elementos de reciclaxe. A imaxe presidirá a pantalla dixital instalada no  Concello. O pasado venres recibimos na biblioteca do centro ao alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro que lles fixeron entrega do premio que tanta ilusión lles fixo.

4.12.25

Nadarín (4º E.I.)

 Estas semanas estivemos traballando o conto de Nadarín e O peixe arcodavella a través de múltiples actividades. Despois das lecturas e de reflexionar sobre os mesmos creamos na clase o recuncho sensorial do mar con múltiples animais mariños, decoración de peixes colgando, actividades na mesa de luz, creación de tubos sensoriais e o traballo coa area que sempre nos desperta momentos de calma. Tamén introducimos diferentes xogos na zona de traballo relacionados co mar como o memori, o barco equilibrista, colocar os paos de cores no peixe de madeira... e introducimos outras activdades como o ioga con animais do mar aprendendo a facer posturas como a estrela de mar e novas cancións como as dos peixes do mar de Magín Blanco, Nadando sen parar de Mamá Cabra e un peixe un pouco mentireiro como é O peixe salmonete de Golfiños.


Creamos a marioneta de Nadarín de cor negro e as marionetas dos seus irmáns peixes de cor vermello e traballando en conxunto conseguimos facer o peixe xigante igual que no conto. Tamén aprendimos a importancia de facer cousas en equipo xa que tíñamos un puzle do mar e cada un tiña unha peza diferente polo que se queríamos facelo era importante poñerse todos de acordo e darnos conta que todas as pezas eran importantes se queríamos rematalo.

Co conto do O peixe arcodavella elaboramos uns fermosos peixes con pegatinas de cores e compartimos os brillantes, xa que ao igual co peixe soamente podíamos pegar un diamente para que os demais tamén poideran pegar o seu. Elaboramos un peixe con bloques lóxicos que logo reproducimos na nosa ficha con pegatinas o que nos axudou aprender as formas xeométricas básicas.

Como actividade final, e a que máis gustou, foi a creación do noso bote do mar para levar para casa recollendo diferentes elementos que traballáramos estes días. Ademais conseguimos que o peixe poidera moverse a través do bote o que lles facía moita ilusión. Podedes ver todas as fotos de estas actividades premendo no seguinte enlace: Nadarín.



30.11.25

Día da Discapacidade (5ª E.I.)

O alumnado de 4 anos preparou con moito agarimo este vídeo para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

28.11.25

Día da discapacidade (4º E.I.)

 O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional da Discapacidade cun decálogo inclusivo elaborado por todos os alumnos/as do cole. Na clase de 4º E.I. para elaborar este decálogo empregamos o conto de "Nadarín" e despois de analizalo e ver que Nadarín era diferente aos outros peixes pero iso mesmo era o que o facía especial porque era o máis valente de todos eles, obtivemos a seguinte frase:



Para elaborar o noso mural pedimos a colaboración de todas as aulas para que cada neno e nena elaborara un peixe que no centro tivera unha palabra que o definira como unha persoa única e especial. Se queredes ver todos os peixes da nosa clase premede no seguinte enlace: mural.






27.11.25

Aula sensorial: mar (4º E.I.)


 Hoxe acudimos á aula sensorial a realizar diferentes experiencias relacionadas co mar. Despois de ler o conto de "Nadarín" reproducimos a sensación de estar nun mar mediante os proxectores e a música das ondas mariñas de fondo. Primeiro xogamos cos pañuelos de cores simulando que eran ondas, así se o mar estaba tranquilo e a música era lenta os pañuelos movíanse suaves pero se pola contra era un mar enfurecido as telas movíanse moi rápido creando máis tensión. Despois tiñan que pechar os ollos e intentar adiviñar que eran os diferentes obxectos que tiñan nas mans intentando reproducir os distintos animais que aparecen no conto: anémonas, conhas, peixes de cores, serpes mariñas, polbos... Finalmente, marchamos do mar e atravesamos unha serie de rochas (chan plantar) para poñernos os zapatos e poñer en común todas as sensacións que sentíramos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: mar.

22.11.25

Experiencias de outono (4º E.I.)

 Estas semanas estivemos traballando con diferentes elementos do outono con actividades moi divertidas. Empregamos o millo en múltiples xogos, facendo camiños, trasvases... e incluso descubrimos que as palomitas veñen do millo e que ricas estaban. Tamén fixemos choiva con auga azul e xogamos coa auga en diferentes envases. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: outono.



Emociómetro - Educación Responsable (4º E.I.)


 

O pasado venres comenzamos unha nova actividade, dentro do programa de Educación Responsable, que instauraremos xa durante todo o curso, o Emociómentro. Neste panel iremos clasificando os diferentes contos que lemos na clase según a emoción que nos espetou a súa lectura, apoiados polos monstros de cores que nos acompañan este curso. Desta maneira xa clasificamos "Cocorico" e "O monstro de cores" dentro da ledicia, "Un pouco perdido" no apartado de tristeza, deunos un pouco de medo "Corre, corre, cabaciña" e "Nadarín", estaba moi enfadado o esquío de "O ladrón de follas" e trasmitiunos calma "Unha eiruga moi larpeira". Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Emociómetro.

20.11.25

O mago da palabra - Educación Responsable (4º E.I.)


 O CEIP Milladoiro incorporouse este presente curso ao programa de Educación Responsable da Xunta de Galicia e a Fundación Botín (https://www.educacionresponsable.org/). Está conformado por diferentes recursos educativos, entre eles "Lectura e emocións" que facilita a identificación e expresión emocional do alumnado de Educación Infantil a través da literatura. Durante este curso levaremos a cabo unha serie de actividades que forman parte deste recurso.
A primeira delas foi a presentación do Mago da palabra, este chegou nunha caixa-agasallo que traía unha marioneta do mago e unha carta, na cal presentábase e convidávaos a ver un vídeo.
Foi moi emocionante intentar adiviñar o que había dentro da caixa e despois interacturar co contacontos do vídeo que ademais pedíanos que lle buscáramos un nome ao mago, elexindo a maioría o nome de "Mago Rojo". Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: mago da palabra.

Aniversario lector (4º E.I.)

 O pasado luns celebramos o aniversario de Mía, que cumpriu xa 3 anos, e a súa nai e o seu irmán acudiron a nosa clase a ler o conto "Un día de pesca" e traernos un rico pastel.






11.11.25

Recursos outono (4º E.I.)

 Estas  semanas que estamos traballando o Outono, estamos empregando diferentes recursos que tamén podedes usar dende a casa. Deixo os enlaces:

- Conto:

El ladrón de hojas

O ladrón de follas. Os números

Un poco perdido

- Cancións:

 O moucho de Migallas

O outono de Uxía Lambona e a Banda molona

Otoño llegó marrón y amarillo.

- Xogo online do outono:


10.11.25

Outono e Magosto (4º E.I.)


A semana pasada estivemos traballando o outono e gracias a colaboración das familias poidemos realizar este fermoso mural que preside o corredor da nosa clase. Ademais de facer múltiples actividades coas follas e ler o conto "O ladrón de follas" que lles gustou moito. O pasado venres celebramos o Magosto no centro realizando xogos tradicionais de magosto co resto de compañeiros/as das outras clases e moitos deles probaron as castañas por primeira vez, con diversas opinión. Podedes ver todas as fotos premendo nos seguintes enlaces: Outono e Magosto.

29.10.25

Samaín 2025 (4º E.I.)

 Esta semana estivemos realizando un montón de actividades terroríficas relacionadas co Samaín. Contamos o conto de Corre corre cabeciña e elaboramos as cabazas do conto para a exposición do centro. Pintamos tamén outra cabeza descubrindo que si mesturamos o amarelo co vermello obtemos o cor laranxa. Tamén cambiamos o recuncho sensorial facendo trasvases e atrapando moitos bichos coas pinzas. E hoxe convertemos a aula nunha auténtica aula sensorial: pintamos cabazas con pinturas de luz ultravioleta, elaboramos os nosos antifaces rascando na pintura negra, decoramos as mesas de luz con teas de arañas, xogamos coas lanternas e leímos contos no castelo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Samaín.



27.10.25

Actuación Lecturas terroríficas (4º E.I.)

 Hoxe comezamos a XVI Semana das lecturas terroríficas, inaugurando esta xornada os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coa actuación da canción do "Monstro de cores". O primeiro vídeo é o que estabamos proxectando por detrás na biblioteca e o segundo é a propia actuación. O fixeron genial, son uns artistas!!!


16.10.25

"Unha eiruga moi larpeira" (4º E.I.)

 Esta semana estivemos traballando o conto "Unha eiruga moi larpeira" que nos serviu para afondar en múltiples conceptos: os días da semana, os números, os cores, as froitas, a alimentación saudable, o tamaño... Algunhas das actividades que realizamos foron as seguintes e podedes ver todas as fotos premendo nos títulos das mesmas:

- O noso nome: poñemos as pegatinas do noso nome formando unha eiruga.

- Número 1: traballamos o número un, a cantidade e o trazo, ademais de rasgar papeis e facer boliñas para completar a mazá que comeu a eiruga o luns.

- Búsqueda das eirugas: facemos unhas pescuda de eirugas glotonas polo patio axudados de lupas. Cada unha delas tiña o nome dun neno/a escrito por detrás, polo que cada un tiña que atopar a súa.

- Merenda: fumos a cociña, cos compañeiros/as das outras clases de Educación Infantil, para facer unha merenda coas diferentes froitas, invitando a eiruga larpeira a que probáramos de todas elas.

- Xogos: na clase poden realizar diferentes actividades relacionadas co conto, tanto no recuncho sensorial onde teñen que meter os gusanos nos ovos de cada color ou contar bolboretas, como no recuncho de traballo que teñen varias actividades de ensertar, de ordear os alimentos, de contar as froitas, de colocar pompóns nas diferentes eirugas...

- Tale-bot: cunha plantilla de alimentos tiñan que sacar da bolsa un elemento do xogo da eiruga larpeira e levar o robot a dito alimento, cada vez o dominan mellor e moitos deles xa son capaces de conducilo se ningunha indicación.

- Eiruga e bolboretas: rematamos o traballo do conto pintando cada un a súa bolboreta con pinceis de fermosas cores e elaborando varias eirugas realizando unha serie para traballar o número un e o número dous, as cores e as formas xeométricas.



13.10.25

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe celebramos o cumpreanos de Sabela, que cumpriu 3 anos, e a súa nai acompañounos coa lectura do conto "A vaca que puxo un ovo" e ademais cun rico biscoito que fixo a súa avoa.






9.10.25

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe Alexandre cumpriu 3 anos e o celebramos coa actividade "Aniversarios lectores". A súa mama veu visitarnos para ler o conto "Garavanciño" e traernos un rico biscoito.






Pulseiras do nome (4º E.I.)

 O pasado día realizamos pulseiras do noso nome, foi un pouco difícil poñer os abalorios pero non puidemos quedar máis contentos coas nosas pulseiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: pulseiras.



7.10.25

Conto: "Monstro de cores"

 Rematamos o traballo do conto "O monstro de cores", aínda que nos vais acompañar durante todo o curso, e estas foron algunhas das actividades que realizamos coa mesa de luz, o panel, manualidades... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: conto.



2.10.25

Botella da calma

 Seguimos con máis actividades arredor do conto do Montro de cores e nesta ocasión traballamos a calma a través de botellas sensoriais que fumos elaborar na cociña. Despois estivemos observándoas con música relaxante na aula. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Botellas da calma.




Hoxe le... (4º E.I.)

 O alumando de 4º de Educación Infantil acudiu por primeira vez a biblioteca á actividade de "Hoxe le...",. onde as nenas de 6º de E.P. lles leron o conto de Cocorico, non podían estar máis emocionados e se portaron xenial.





29.9.25

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe Chloe cumpriu 3 anos e o celebramos coa actividade "aniversarios lectores". Veu a súa nai a ler o conto de "Los tres cerditos" e ademais nos trouxo un rico biscoito que estaba boísimo.







26.9.25

Traballo da inicial (4º E.I.)


 

Esta semana estivemos traballando a nosa incial en diferentes formatos: con letras magnéticas, plastilina, mesa de luz, no patio coas tizas, con pegatinas, con pintura... e, por suposto, a que máis nos gustou foi a creación das nosas letras con masa de hoxaldre na cociña. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: a nosa inicial.

19.9.25

Rutinas de clase (4º E.I.)

 Iniciamos esta semana moitas das rutinas que levaremos a cabo durante todo o curso:

- Comenzamos o día coas entradas relaxadas (diferentes actividades nas mesas que realizan autónomamente: construcións, contos, puzles, coches, pinturas...) mentras tranquilamente colocamos a chaqueta e a mochila, poñemos o mandilón e imos ao baño. Hoxe realizamos tres actividades que lles encantaron: lavamos bonecos, xogamos coa area e fixemos travases de auga.

- Asemblea: eleximos o encargado e posteriormente acudimos á asemblea, que a facemos unha parte de maneira física e outra dixital. Aquí tedes o genially que empregaremos durante todo o curso, introducindo todos os contidos pouco a pouco. 


 

- Despois bailamos sempre unha canción para activarnos antes de comezar a traballar, algunhas das cancións que empregamos son: 

- Traballo en mesa: sentámonos nas mesas para facer unha actividade conxunta ou acudir a zona de traballo a coller unha bandexa individual para a través dos xogos aprender os números, as letras, os cores, as formas xeométricas, facer puzles... mentras imos realizando pequenas fichas.

- Recreo, merenda e hora de ler.

- Xogos nos diferentes recunchos (arte, lectura, experimentación, xogos simbólico ou construcións) acudindo a eles libremente pero mantendo os materiais na súa zona e recollendo cando rematamos de empregar algún. Tamén é o momento das especialidades (PELO, música, relixión, psicomotricidade e inglés).

Podedes ver todas as fotos das rutinas desta semana premendo no seguinte enlace: Rutinas 3 anos.



17.9.25

Monstro de cores_mesa de luz (4º E.I.)

 


Comezamos o proxecto de "Marabillarte", que propón a biblioteca para este curso, traballando a arte literaria e, concretamente, iniciamos o traballo co libro "O monstro de cores" que nos permite afondar no control dos sentimentos, no coñecemento dos cores... e hoxe empregamos a mesa de luz para complementar este traballo. Podedes ver todas as fotos da actividade premendo no seguinte enlace: mesa de luz.

9.9.25

Inicio de curso (4º E.I.)

Comeza unha nova etapa para o alumnado de 4º de Educación Infantil e estes días toca adaptarse a un novo espazo, novos materiais, novos compañeiros/as e novos profes. Premendo no seguinte enlace tedes todas as fotos destes primeiros días: 3 anos.



30.5.25

Teatro de sombras (6º E.I.)


O pasado martes o alumnado de 6º E.I. realizou unha actividade moi chula empregando o teatro de sombras na aula sensorial. Previamente, por equipos elexiron os persoaxes e crearon a súa propia historia. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: teatro de sombras.

9.5.25

Aula sensorial-primavera


 Todo o alumnado de Educación Infantil pasou nestes días polo aula sensorial para realizar diferentes actividades relacionadas coa primavera. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: primavera.


23.4.25

Día do Libro 2025

 Hoxe conmemoramos o Día do Libro acudindo a Biblioteca do centro, para que a mestra en prácticas Lara nos contara o conto de Cocorico e ademais nos agasallara cun biscoito (xa que estaba de cumpreanos). Parabén Lara!!!







Saída Área recreativa de Gabenlle en Laracha

 Rematamos o segundo trimestre cunha saída ao Área recreativa de Gabenlle en Laracha para complementar o traballo sobre o bosque e os animais que están realizando nas diferentes aulas de infantil. Podedes ver todas as imaxes desta xornada premendo no seguinte enlace: Gabenlle.




10.4.25

Taller de flores

 O pasado xoves o alumnado de 3 e 4 anos acudiron a cociña a realizar un taller de flores, organizado pola profe en prácticas Lara. Desfrutaron cos trasvases, tenguindo a auga, colando as flores, dándolles diferentes olores...podedes ver todas as fotos premendo na seguinte imaxe.






Ovos de pascua

 Durante estes días o alumnado de Educación Infantil realizaron varias actividades en torno aos ovos de pascua, decorando ovos de madeira, realizando bombóns de chocolate con forma de ovo na aula de cociña, facendo unha búsqueda de ovos polo patio... podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte imaxe.



24.3.25

Excursión Acuario

 



O alumnado de Educación Infantil o pasado xoves visitou o acuario de Coruña, podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: acuario.