27.6.24

4ºEI- ACTIVIDADES NO NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE !

 Xa rematou este primero curso no cole, que rápido pasa, verdade? Podemos describilo con palabras como: adaptación, amizade, aprendizaxe, descubrimento, motivación, alegría,...

Realizamos moitas e diversas actividades. Coñecimos as letras e os números, aprendemos a compartir e creamos amizades, xogamos moito no Leolab, vemos contos,... pero sobre todo fumos moi felices este curso escolar, que é o verdaderamente importante.

Pasade un marabilloso verán e a descansar para cargar a pilar xa que... 

NOS VEMOS EN SETEMBRO CON MÁIS AVENTURAS DESTES CATIVIÑOS! 





   Preme na imaxe para acceder á galería

14.6.24

4ºEI- ANIVERSARIO XUÑO... TAMÉN LECTORES!

 Hoxe celebramos o aniversario de Iván. 

Sempre nos fai moita ilusión cando un compañeiro está de cumple: comer tarta, cantarlle, bailar,... e sobre todo que un familiar nos conte un conto.

Moitas grazas a familia de Iván por facer este momento posible. Parabéns Iván!🎉


Preme na imaxe para acceder á galería



 

13.6.24

SAÍDA AO PARQUE ATENEA (ARTEIXO)

A estes cativiños lles encanta o parque e este é moi fermoso e con moitas posibilidades. 
Columpiarse, correr, trepar, tirarse pola tirolina,... e como non.. repoñer formas con unha boa merenda. 

Foi un día moi divertido! Se queredes velo, premede na imaxe.

11.6.24

XOGOS NA PRAIA (PVAD) educación infantil

O pasado luns 10 de xuño, o alumnado de educación infantil baixou a praia de Canido a facer unha xornada de xogos na praia. Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta + PVAD (proxecto de vida activa e deportiva). Foi unha xornada de deporte e diversión onde os pequenos e pequenas pasárono en grande e que de seguro repetiremos o vindeiro curso.  

    

       acceso á galería de imaxes premendo sobre a seguinte 👇   

            


7.6.24

4º e 5º EI. "MAR DE FÁBULA" EN CAMELLE

Polo Día do Medio Ambiente os cativiños de 4º e 5º de infantil fixemos unha saída a Camelle.  Relizamos diferentes actividades medioambientais dirixidas por "Mar de Fábula".

Se queredes ver o ben que o pasaron, preme na imaxe.



4.6.24

GRÚFALO E A NATUREZA

 A estes cativiños lles encanta os contos e tamén a natureza.

Hoxe mesturamos as dúas cousas co contacontos "Grúfalo e a natureza" no parque "Luciano García Alén" de Buño. Merendamos todos xuntos e xogamos no parque. Que mañá máis divertida!

Para ver o ben que o pasamos preme la imaxe.