4.5.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 7º sesión)


ACTIVIDADE 1

A Kandinsky gustáballe moito a música clásica , así que intentaremos reproducir a súa obra,
" Estudio de color con cuadros" desta forma:


  • Facemos nunha folla catro cadrados ( podedes engadir os cadrados que queirades)
                                               
  • Dentro facemos círculos concéntricos :
             - 4º e 5º infantil: ó colorear non poden repetir, dentro de cada cadrado as cores.

             - 6º infantil: realizarán círculos concéntricos, pero a cantidade deles dependerá das sumas e                    restas en cada cadrado. Poño un exemplo, pero para algúns peques son moi sinxelas,                            podedes adaptalas. Para sumar e restar poden utilizar ceras, os dedos da man, macarróns...e                  ter unha serie numérica diante, os números escritos do 1 ó 10. ( Se poñedes operacións                        distintas ás do exemplo, cando mandedes foto poñede a operación realizada)

                                                

ACTIVIDADE 2


  • Vemos o conto " Por cuatro esquinitas de nada"
  • Realizamos a casiña dos círculos e recortamos círculos e un cadrado, podedes facelo cos materiais que prefirades


Exemplo: https://images.app.goo.gl/u1dxMXYjRWTDZzi47





ACTIVIDADE 3

Aproveitando que os peques xa poden saír á pasear e xogar, crear un circuíto no chan para saltar, debuxando ou creando círculos e cadrados, e que teñen que superalo seguindo as indicacións: no círculo saltamos coas dúas pernas xuntas e nos cadrados saltamos cunha perna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario