A pasada semana celebramos o Día de Rosalía, para iso regalamos e recibimos unha rosa feita polo resto dos compañeiros/as, ademais dun libro que cada alumno do centro escolleu libremente dentro dunha ampla variedade que estaba no pasillo do centro. Foi unha actividade fantástica!!!!
As fotos da nosa clase:
Día de Rosalía
No blogue da biblioteca hai un vídeo resumo da actividade.
28.2.19
11.2.19
ANIVERSARIO DE CLARA ( 5º EI )
A semana pasada celebramos o aniversario de Clara. Primeiro fixemos unha chuvia de ideas sobre que queriamos cociñar, e por suposto gañou, tras facer unha votación, a tarta de chocolate con adornos.
Así que nos puxemos mans á obra, derretemos o chocolate cun pouquiño de leite, empapamos galletas en leite e cubrimos co chocolate facendo varias capas. Primeiro fixemos dous grupos, xa que é máis cómodo para traballar e despois xuntamos todo facendo unha tarta máis grande. Mentres esta enfriaba, e tras recoller a cociña e os cacharros, regalámoslle a Clara bicos e apretas, e despois cantamos cumpleanos feliz, Clara soplou as velas e probamos a tarta que estaba moi rica, aínda que lle faltaba un sabor algo máis doce. Nesta ocasión non bailamos, esperamos que no seguinte aniversario sexa posible.
Felices 5 anos Clara!!!
RECUNCHO DE CHINA ( 5º EI )
Posto que este é o ano do Porco, segundo a tradición china, Valentina trouxo a clase un porquiño feito na casa e tamén un TAMBOR chino que se utiliza nestas festas. Juan tamén trouxo outro invento chino, o DOMINÓ, que xa o coñeciamos pero non sabíamos que era de orixe china. Moitas grazas por seguir compartindo cousas tan chulas!!!
8.2.19
4.2.19
MARCE O CARTEIRO ( 5º EI)
O venres 1 de febreiro, todo o ciclo de infantil e primeiro ciclo de Primaria, fomos na hora de ler á biblioteca para visualizar o conto: Marce, o carteiro. Despois do conto, tivemos que decidir entre a guerra ou o chocolate, e por suposto decidimos... O CHOCOLATE!!! Tras recoller a chocolatina e degustala marchamos para clase.
fotos Marce o carteiro
fotos Marce o carteiro
ANO NOVO CHINO ( 5º EI)
Mañá , 5 de febreiro é o día no que se festexa o Ano Novo Chino. Decidimos celebralo, así que preparamos unha mesa tendo en conta os costumes chinos: os farolillos, fixemos un cartel felicitando o Día da Paz e o Ano Novo Chino, as tarxetas vermellas cunha mensaxe de Paz e felicidade: Un sorriso pode cambiar o mundo. Moitas clases do cole animáronse a participar nesta actividade, así que deixamos todas as tarxetas nunha mesa, e ó longo da xornada fomos pasando por alí a coller unha das tarxetas. Foi unha actividade xenial e participativa. FELIZ DÍA DA PAZ E FELIZ ANO NOVO CHINO!!!!
FOTOS ANO NOVO CHINO
FOTOS ANO NOVO CHINO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)