Un dos primeiros medos que estamos traballando é o medo aos CARACOIS da nosa compañeira Noa. Desta maneira, trouxo un caracol a clase e estivemos investigando sobre el. Sabemos que ten os ollos nas antenas, que come follas verdes frescas, que leva a súa casa no lombo...
Como nos gustou tanto quixemos facer os nosos propios caracois de plastilina e este foi o resultado.
E estamos aprendendo unha canción e un baile sobre O caracaol dun poema de Manuel María, aquí vos deixo o vídeo para que practiquedes na casa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario