Onte, luns 29 de febrero celebrouse a inauguración oficial da cociña do cole, e para iso os superheroes e superheroínas cociñamos unhas tostas. O venres estivemos na cociña facendo o pan, precocinámolo e despois gardouse no conxelador ata o luns. Despois de cociñalo no forno, botámoslle tomate natural e xamón serrano, estaba boísimo, xa aínda que era para a inauguración da cociña pola tarde, quixemos probar o que cociñamos, algún comían o tomate a bocados!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario