25.2.26

Galiletras (6ºEI)

Estas semanas realizamos a actividade Galiletras, unha proposta moi creativa na que o alumnado traballou a expresión corporal e a poesía.

Os nenos e nenas fixeron unha pequena performance na que, empregando o seu propio corpo, foron creando diferentes letras. Con elas, entre todos e todas, formamos palabras e recitamos unha poesía.

Foi unha experiencia moi divertida que nos axudou a aprender xogando, gozando da arte e da lingua galega.




Aniversarios febreiro... tamén lectores! (6º EI)

Este mes de febreiro celebramos no cole os aniversarios de Alonso e Alba, que xa cumpriron 6 anos. Pasámolo moi ben cantando, sorrindo e compartindo este día tan especial con toda a clase.

Coma sempre moitas grazas ás familias pola súa colaboración. 

Moitos parabéns aos dous! 🥳🎂

Para acceder a galería de imaxes preme na foto.





24.2.26

Vogais (4º E.I.)

 Comezamos na clase de 3 anos o traballo das vogais e para elo encontraron diversos xogos que lles axudaran a coñecer estas letras, a súa grafía, a discriminación fonolóxicas... Ademais engadimos na clase dos novos xogos, o primeiro deles na bandexa sensorial onde iremos incorporando todos os obxectos que atopemos que comecen con vogal para a súa posterior clasificación e tamén outro xogo máis de clasificación de debuxos na súa vogal correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vogais.



23.2.26

Día de Rosalía de Castro (4º E.I.)

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro coñecendo a súa figura e recitando algún dos seus poemas. Comezamos visionado un vídeo dos Bolechas no que presentaron a Rosalía de Castro e explicaron algún dos seus poemas máis famosos. Despois acudimos a exposición da biblioteca e lemos o conto "Parece una rosa", que nos gustou moito. Coñecimos un pouco máis da súa vida e dos seus libros a través do genially sobre ela, no que tíñamos que superar varias probas e no que tamén aparecía a versión cantada do poema "Xan", que tamén nos fixo moita gracia. Ao final deste xogo nos propoñía que pintaramos unha ilustración de Juanlu Nacha, que nos están quedando do máis coloridas e, finalmente, seguindo a proposta da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega can neno/a levou de agasallo un libro en galego e un marcapáxinas con forma de flor. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: rosalía de castro.





13.2.26

Entroido (5º e 6ºEI)

Este ano os pintores enchen o colexio de moito colorido. 

Cun pincel na man e a cara manchada, esta comparsa é a máis animada! Pintamos aquí, pintamos alá, a nosa alegría non vai terminar!

Se queres ver aos nosos pintores, prema na imaxe.






Entroido (4º E.I.)


Rematamos esta semana de entroido na que fixemos moitísimas actividades. Comezamos con novos xogos relacionados con esta festa na área de traballo (memori, quebracabezas...); o martes fumos a cociña a facer unhas ricas rosquillas; o mércores acudimos á aula sensorial onde, entre outras actividades, fixemos uns coloridos collares; o xoves cos nosos disfraces e coa merenda tan rica das familias tivemos unha gran festa de entroido e xa o venres o tradicional desfile de entroido, nesta ocasión no pabillón xa que non acompoñaron as condicións metereolóxicas. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: Entroido.
 

6.2.26

Aniversarios lectores (4º E.I.)

 Hoxe celebramos o aniversario de Mailén, sendo a primeira en cumprir 4 anos. Neste día tan especial, acompañounos o seu papá, a sua mamá e o seu irmán Eydan, que ademais leunos o conto de monstro Rosa. Despois repartirmos un delicioso biscoito de chocolote.





2.2.26

Día da Paz e a non violencia (4º E.I.)

 O pasado venres conmemoramos o Día da Paz e a non violencia e para elo leímos o conto "Nos tratamos ben" e analizamos as diferentes situacións que nel se daban e fixemos unhas fermosas pulseiras que pedían un mundo de paz. Ademais realizamos a actividade "EmocionARTE pola paz", proposta polo equipo de biblioteca, acudindo ao mural do pasillo e realizando a enquisa na que tiñamos que identificar que emoción nos provocaba cada unha das imaxes sobre a paz de cada arte proposta. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: paz.






29.1.26

Galicómic: Unha aventura de moito conto!

 Estes días aproveitamos tamén para realizar a actividade de Galicómic, que xa é un clásico no noso centro, e que mellor maneira de meternos nos contos e vivir grandes aventuras coas nosas persoaxes preferidas. 




Copia de GALICOMIC Plantilla 2025-26.pdf de bibliotecamilladoiro

28.1.26

Emocións (4º E.I.)

 Durante estas semanas, a partir da lectura do conto Que tal estás?, estivemos traballando as diferentes emocións que sentía o protagonista e buscando outros contos na que as persoaxes tamén sentiran todas esas emocións. Desta maneira, traballamos os seguintes contos:

- Monstro rosa para a ledicia.

- Cocorico para o enfado, o medo e a ledicia.

- A tartaruga que quería durmir para a calma.

- O coelliño branco para o medo.

- Perdido para a tristeza.


En cada un dos contos empregamos as caras das emocións translúcidas da mesa de luz que lle íbamos poñendo encima das persoaxes e realizamos diferentes actividades que completaban o traballo destas emocións como aprender a técnica do "moucho, a tartaruga e o león" para controlar o enfando ou na clase de música a canción "Si estás feliz", a cal lle fumos engadindo múltiples estrofas como si estás triste, si estás aburrido, si tienes frío...


Unha vez que identificamos todas as emocións nas diferentes persoaxes relacionamos no emociómetro o monstro de cores, co persoaxe do conto e coa emoción de monito, tamén na mesa de luz e co escornabot. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: emocións.










19.1.26

Bonecos de neve (4º E.I.)

 Coa chegada de invierno aproveitamos para traballar o círculo a través dos bonecos de neve. Construímos un boneco moi grande facendo unha serie de círculos, picamos os rendondeis brancos e lles puxemos as nosas iniciais, comprando despois cal era o boneco máis longo e cal o máis pequeniño. Tedes todas as fotos premendo no seguinte enlace: boneco de neve.



14.1.26

Que tal estás? (4º E.I.)


O pasado martes O Mago da Palabra tróuxonos un novo conto para traballar as emocións, Que tal estás? de Anthony Browne. Estivemos identificando como se sentía monito, o protagonista, e pensando que cousas lle pasaría para que sentira así. Despois, estivemos expresando nos esas emocións diante do espello e o resto da clase tiñan que adiviñar a cara que facíamos. Ademais, o Mago da palabra presentounos a mochila emocional para levar para casa e traballar en familia, con múltiples recursos: diferentes libros para cada emoción, xogos, a marioneta do mago, o espello, a ficha para o emociómetro...



Destacar que despois desta sesión tivemos o patio e estiveron todos xuntos xogando a construír unha casa onde vivir xuntos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: emocións.





13.1.26

Reis Magos (4º E.I.)

 Que ledicia voltar das vacacións de Nadal e que os Reis Magos se acordaran de deixarnos na clase uns agasallos xa que no primeiro trimestre portáronse super ben. Agora xa temos para xogar nos momentos libres un camión que transporta vehículos, un maletín de perruquería e un xogo de platos e vasos para ordear por cores.