19.12.25

Nadal 2025 (4º E.I.)

 Este é o primeiro Nadal que o alumnado de 3 anos vive no CEIP Milladoiro e foron moitas as actividades que realizamos estes días: fixemos neve, a carta aos reis magos, ioga de nadal, cociñamos biscoitos, fomos ao cine na biblioteca, leímos o conto "¿Cómo baja Papá Noel por la chimenea?, elaboramos moitos adornos para as nosas árbores, encendimos al luces, fixemos anxos en relixión e bonecos de neve en alternativa, empregamos o panel interactivo de palabras na biblioteca, decoramos a nosa inicial, entregamos as nosas cartas ao paxe real, descubrimos o calendario de adviento, cantamos moitas panxoliñas, desfrutamos dunha festa de Nadal na clase... podedes ver todas as fotos destes días premendo no seguinte enlace: Nadal.

E un resumo destas primeiras navidades no seguinte vídeo:

Hoxe rematamos este trimestre cunha xincana de Nadal con actividades por todo o centro (podedes ver todas as fotos da galería da páxina web do centro) e coa simulación das badaladas todos xuntos na biblioteca. 



BO NADAL  E FELIZ 2026!

Bo Nadal (6ºEI)

 Con este pequeno video desexámosvos... BO NADAL! 


18.12.25

Apalabrando a Lingua (4º E.I.)

 Estes días levamos a cabo unha nova actividade, proposta polo equipo de Biblioteca e de normalización de lingüística, que leva por título "Apalabrando a Lingua". Na nosa clase eleximos a temática do Nadal e gravamos os nomes de diferentes palabras en galego para despois poder escoitalos a través do panel interactivo de pictogramas que reproducen os sons. Podedes ver todas as fotos desta actividade e tamén algún vídeo no seguinte enlace: apalabrando a lingua.



Cociña de Nadal (4º E.I.)

 


O pasado mércores acudimos a unha das aulas que máis nos gusta, a cociña, a facer diferentes biscoitos de Nadal para a nosa festa. Batimos os ovos, botamos fariña, aceite, azucre... e esperamos como se facían no forno. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cociña de Nadal.

16.12.25

Recuncho da familia (4º E.I.)

 Este trimestre entre todos elaboramos un recuncho moi importante e que lles fai moita ilusión que é o RECUNCHO DA FAMILIA. Cada neno/a foi traendo fotos de diferentes momentos en familia e debuxos que eleaboraron na casa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: familia.



13.12.25

Leolab - 1º trimestre (4º E.I.)

 Neste primeiro trimestre acudimos todos os luns á biblioteca e o Leolab e realizamos múltiples actividades cos legos, cos imans, co tren, cos cubos... inciamos o xogo realizando as nosas construcións de maneira individual pero rápido aprendimos a traballar en equipo. Podes ver algún dos momentos no Leolab deste primeiro trimestre premendo no seguinte enlace: Leolab.



10.12.25

Aniversarios novembro...tamén lectores! (6ºEI)

Neste mes de novembro celebramos os aniversarios de Enzo e Paula. No de Paula puidemos facer o bizcoito que tanto nos gusta, con pepitas de chocolate! 😋

Pasámolo xenial cociñando, facendo o agasaio para os nosos amigos,.. pero sobre todo cos contos que nos traen as familias! 

Felicidades Enzo e Paula 🎉 


 Preme na imaxe para acceder á galería 

8.12.25

Postal de Nadal (4º E.I.)


 

Como todos os anos o Concello de Malpica organiza o tradicional concurso de postais de nadal para escoller os debuxos que ilustrarán os diferentes carteis das actividades municipais destas festas. O gañador foi a clase de 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL que elaborou un debuxo conxunto coas pegadas das mans de todos os nenos e nenas da clase e a decoración do árbore con diferentes elementos de reciclaxe. A imaxe presidirá a pantalla dixital instalada no  Concello. O pasado venres recibimos na biblioteca do centro ao alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro que lles fixeron entrega do premio que tanta ilusión lles fixo.

4.12.25

Nadarín (4º E.I.)

 Estas semanas estivemos traballando o conto de Nadarín e O peixe arcodavella a través de múltiples actividades. Despois das lecturas e de reflexionar sobre os mesmos creamos na clase o recuncho sensorial do mar con múltiples animais mariños, decoración de peixes colgando, actividades na mesa de luz, creación de tubos sensoriais e o traballo coa area que sempre nos desperta momentos de calma. Tamén introducimos diferentes xogos na zona de traballo relacionados co mar como o memori, o barco equilibrista, colocar os paos de cores no peixe de madeira... e introducimos outras activdades como o ioga con animais do mar aprendendo a facer posturas como a estrela de mar e novas cancións como as dos peixes do mar de Magín Blanco, Nadando sen parar de Mamá Cabra e un peixe un pouco mentireiro como é O peixe salmonete de Golfiños.


Creamos a marioneta de Nadarín de cor negro e as marionetas dos seus irmáns peixes de cor vermello e traballando en conxunto conseguimos facer o peixe xigante igual que no conto. Tamén aprendimos a importancia de facer cousas en equipo xa que tíñamos un puzle do mar e cada un tiña unha peza diferente polo que se queríamos facelo era importante poñerse todos de acordo e darnos conta que todas as pezas eran importantes se queríamos rematalo.

Co conto do O peixe arcodavella elaboramos uns fermosos peixes con pegatinas de cores e compartimos os brillantes, xa que ao igual co peixe soamente podíamos pegar un diamente para que os demais tamén poideran pegar o seu. Elaboramos un peixe con bloques lóxicos que logo reproducimos na nosa ficha con pegatinas o que nos axudou aprender as formas xeométricas básicas.

Como actividade final, e a que máis gustou, foi a creación do noso bote do mar para levar para casa recollendo diferentes elementos que traballáramos estes días. Ademais conseguimos que o peixe poidera moverse a través do bote o que lles facía moita ilusión. Podedes ver todas as fotos de estas actividades premendo no seguinte enlace: Nadarín.