20.12.24

Bo Nadal e Feliz 2025!

 O alumnado de Educación Infantil realizou esta fermosa felicitación de Nadal que enviamos ao centro educativo multidisciplinar "Lenda Educativa" de Carballo, a Asociación Malante de Malpica (que nos axudaron coa panxoliña) e a Residencia Domusvi de Outeiro de Rei e que agora queremos compartir con todas as familias para desexarvos un

Bo Nadal e Feliz 2025


19.12.24

Visita ao centro "Lenda educativa"

 O Nadal é tempo para comuniscarse e compartir, por iso  o alumnado de Educación Infantil  elaborou unha postal dixital para enviar a diferentes asociacións, entre elas Lenda Educativa de Carballo, centro educativo multidisplinar. Ademais, aproveitamos a saída ao cine do pasado martes para facerlles unha visita e levarlles uns agasallos (postal de pegadas en 3 anos, adornos para as ventás en 4 anos e unha árbore malpicana en 5 anos) e eles tamén nos deron unha postal feita por eles para cada unha das clases e outra postal dixital que visionamos todos xuntos nas súas instalacións. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Lenda educativa



















Blue Christmas Video Collage de bibliotecamilladoiro

Educa Tribu de Nadal

 Este ano pedimos colaboración ás familias para realizar diferentes EducaTribus de Nadal nas diferentes aulas e, como sempre, o noso máis sincero agradecemento para aquelas familias que sacaron tempo para compartir estes momentos tan estupendos e que a todos eles lles encantan. Premendo nos seguintes enlaces tedes un resumo de todos os talleres que realizamos en Educación Infantil:

- Adornos de Nadal na clase de 4 e 5 anos.

- Instrumentos tradicionais e panxoliñas para todo Educación Infantil.

- Obra de teatro: cando martiño tiña gañas de facer pis na noite de reis para todo Educación Infantil.

- Postais de Nadal na clase de 3 anos.















Aula sensorial polo Nadal

 O alumnado de Educación Infantil pasou estes días pola aula sensorial para realizar diferentes actividades de Nadal:

- Lectura de libros de Nadal na cabaña.

- Decoración de adornos de nadal con pintura fluorescente e luz ultravioleta.

- Xogo de ruleta e búsqueda do adorno navideño en arroz verde.

- Creación de minimundos de nadal e de inverno na mesa sensorial.

- Diferentes plantillas de nadal nas mesas de luz e no proxector.

- Actividad sensorial de moldes de silicona.

- Realización de postais en cartulina negra, estampando adornos e empregando purpurinas.

- Búsqueda de copos de neve asociando coas súas cantidades.

Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: aula sensorial- nadal.