28.9.22

VISITAS INESPERADAS (6ºEI)

 Hoxe recibimos a visita do papá de Uxía cun amigo que rescataron: UN OURIZO DE TERRA!!!!


Aínda que foi algo moi curto, foi unha ledicia ver e falar sobre este animal que hoxe volve ó seu hábitat natural!!!!


                Premer na imaxe para acceder á galería



MOITAS GRAZAS!!!








21.9.22

Proxecto " As formigas" :En busca de Formigas ( 6º EI)

 Un dos medios que os peques dixeron para conseguir información sobre as formigas era facer experimentos e observalas.  

Así que hoxe, aproveitando o bo tempo, baixamos ó patio para coller algunhas formigas e poder observalas e aprender sobre o seu comportamento. Como non sabiamos se habería moitas, un compi propuxo baixar azucre para atraelas e poder collelas  e como nos pareceu que tiña moito sentido baixamos ó patio cargados con azucre, caixas con visores e lupas. 

Tras determinar unha zona de busca comezamos a nosa aventura, collendo as formigas que atopábamos e meténdoas dentro das caixas con visor. Tras ter unha mostra suficiente e botar azucre por varios sitios, decidimos introducir nas caixas máis azucre e observar.

As nosas conclusións foron que movían as antenas todo o tempo e que non estaban felices xa que querían escapar todo o rato, por iso non collían o azucre, posto que ademais as caixas eran algo pequenas e , ó mellor, necesitaban máis aire. 

Tras esta experiencia decidimos devolvelas a súa casiña!!!


Premer na imaxe para acceder á galería 







ANIVERSARIOS DE OLIVIA, DANIELA M., ALBERTO, LAIA E UXÍA

 Esta semana celebramos os aniversarios dos peques que cumpriron no verán, e posto que eran os aniversarios pendentes do pasado curso fixémolos igual que as celebracións dese curso.

Os protas escolleron o modelo de tarta que máis lles gustou e pintaronno ó seu gusto, o resto de compis fixeron as boliñas de plastilina para adornar a tarta e lles cantamos, mentres eles pediron un desexo e sopraron as 5 candeas.


Tamén trouxeron bolsiñas para regalar ós compañeir@s, un formigueiro e uns xogos sorpresa.




MOITÍSIMAS FELICIDADES, XA TEDES 5 ANOS E MOITAS GRAZAS POLOS AGASALLOS!!!!























18.9.22

INVESTIGANDO FORMIGAS( 6º EI)

 Uxía, polo seu aniversario, trouxo un formigueiro para clase. Isto provocou unha grande motivación por coñecer e investigar as formigas. 


Premer na imaxe para acceder á galería

Tras falar delas pensamos... Que queremos saber? 

Algunhas das respostas foron como ulen e por onde, como beben e comen, como se quentan se non teñen caldeira, como entran nas casas cando está todo pechado, que é a bola grande que teñen no corpo, por que teñen tantas patas...

Pero para poder investigar temos que saber onde encontrar a información, e os resultados foron : observalas no formigueiro e no seu medio, buscar nos libros, realizar experimentos con elas, buscar por internet e preguntar a expertos en formigas.

Así que o venres buscamos formigas polo patio intentando sen éxito descubrir o seu formigueiro e fomos á biblioteca, onde tivemos que descubrir , lendo a CDU, en que parte están aloxados os libros sobre animais. Tras ver e ler moitos libros, levamos para clase aqueles nos que atopamos algunha formiga ou información sobre elas. 


Para a semana comezaremos un miniproxecto sobre elas!!








AULA MULTISENSORIAL ( 6º EI)

 O xoves visitamos a aula multisensorial que estreamos o pasado curso. DIvidimos a clase en dous grupos que roldaron por varios xogos:

- Debuxos con boliñas

- Xogo de pesos

- Vida práctica: Tendal de roupa e tornillos

- Texturas

- Espazo motriz

- Mesa de luz e bola de raios

- Lectura con luz ultravioleta na cabana escura



Premer na imaxe para acceder á galería







14.9.22

COMEZANDO O CURSO ( 6º EI)

 Nesta primeira semana de curso fixemos varias actividades para coñecer ós nosos novos compañeiros, para aprender as novas rutinas da asemblea, recoñecer os novos recunchos, facer os nomes da gavetas onde gardar os nosos traballiños...


Estrenamos un novo recuncho: Os minimundos, onde utilizando materiais naturais e bonecos poden inventar e construír pequenos ambientes, aparecendo cousas tan bonitas como a seguinte:


                                                 


Visitamos o LEOLAB, onde xogamos cos recursos que xa coñeciamos e descubrimos outros novos.


Rotamos por distintos xogos de lóxica e de construción para recordar as regras dalgúns recursos da aula.


Realizamos as iniciais do noso nome na COCIÑA, onde amasamos e fixemos churriños con masa de hojaldre.