23.12.17
22.12.17
NADAL 2017 (5º E.I.)
O xoves foi o último día de clase do nadal. Para celebrar este último día fomos o centro cívico a ver unha actuación de monicreques da Xanela do Maxín titulada "O murmurio do mar". Foi moi divertida e participativa, non tivemos tempo de aburrirnos.
Despois da actuación subimos o cole a comer chocolate con churros,QUE RICOS !. Grazas a anpa pola invitación a este manxar tan delicioso.
E, logo xogamos no patio un bo anaco. Pasámolo super ben.
E, logo xogamos no patio un bo anaco. Pasámolo super ben.
FELICES FESTAS
E
PRÓSPERO ANO NOVO.
VISITA DOS REIS MAGOS (5º E.I.)
O mércores, un dos días que máis ilusión nos facía que chegara. Visitáronnos as súas maxestades de Oriente, Gaspar, Melchor e Baltasar. Dímoslles as nosas cartas, feitas dende facía uns días; e, eles regaláronnos caramelos moi ricos. A maioría fíxonos moita ilusión e ledicia a visita dos reis, houbo algunha excepción que non quixo subir xunto aos reis, pero a carta dímoslla igualmente.
20.12.17
VISITA DOS REIS MAGOS (6º E.I.)
E chegou un dos días máis esperados do Nadal, a visita dos Reis Magos. Sempre é un día no que estamos moi nerviosos pero preparados, xa que fixemos as nosas cartas con moitos días de antelación e hoxe antes da súa visita estivemos repasando o que pediramos e se foramos bos para que nos trouxeran todas esas cousas. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Reis Magos.
BASTÓNS DE NADAL (6º E.I.)
Coa axuda das familias decoramos os nosos corredores con bastóns de nadal de todo tipo, con purpurina, algondón, goma eva... podedes ver cada un deles premendo no seguinte enlace: bastóns.
GORRO DE LÁ (6º E.I.)
Que bonita quedounos este ano a nosa árbore e canto traballo nos deu facer os gorro de lá. Algún dos nenos/as foron todos uns artistas pasando os fíos a través do trociño do tubo de papel pero outros fixemos líos que soamente eramos capaces de quitar cortando coas tesoiras pero ao final todos colléronlle o truquiño e este foi o fermoso resultado (incluso o decoramos cun copo de neve feito coa impresora 3D), podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: gorros.
Cocorico
Cocorico from bemilladoiro on Vimeo.
Comezamos a nosa canle de Booktubers con esta recomendación que nos fan Clara e Dania da aula de 4º de InfantilPOSTAIS (6º E.I.)
Este ano enchémonos de purpirina para felicitar as festas, así de bonitas quedaron as nosas postais que mañán levaran cada neno/a coa sorpresa da foto deste ano. Podedes ver todas as fotos do traballo que realizamos premendo no seguinte enlace: postais.
ACTIVIDADE MAKER (6º E.I.)
O pasado luns fixemos o noso primeiro contacto coas actividades maker, que é unha palabra que imos empezar a empregar moito en educación. Esta actividade consistiu en crear diferentes circuitos en grupo para despois poder facelos cos escornabots, para elo fixemos barreiras con pizas e palliñas, pontes con tubos do papel, puxemos animais polo menos... ao principio foi moi complicado pero pouco a pouco fumos aprendendo dos nosos erros e resultou unha experiencia moi enriquecedora. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: circuitos.
19.12.17
POLVORÓNS (6º E.I.)
Estamos en tempo de Nadal e, polo tanto, chegou o tempo das larpeiradas. Nesta ocasión fixemos polvoróns sen gluten, tivemos varias complicacións e quedáronos algo duros pero de sabor estaban moi ricos, aínda co mellor de todo foi poder traballar con as nosas máns. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: polvoróns.
16.12.17
ÁRBORE DE NADAL (5º E.I.)
Xa acabamos a árbore de Nadal da nosa clase. Este ano fixemos estrelas para colgar na árbore e unhas postais con forma de bola para felicitar as festas. Quedounos moi bonito, e, o máis importante, todo feito polos nenos e nenas, que como vedes son uns grandes artistas.
PEIXES CRUS (5º E.I.)
Esta semana trouxeron o cole peixes crus, polo que fomos á cociña a observalos.
Aprendimos que para respirar teñen branquias; no seu corpo hai escamas; teñen dous ollos, a cada lado ou no mesmo plano; etc. Tamén tocámolos, estaban fríos, algúns dixeron que eran suaves outros que pinchaban. E, incluso, algún non quería tocalos, encantoulles a experiencia, moitos recoñeceron que peixes eran e dixeron que os comen na casa.
Aprendimos que para respirar teñen branquias; no seu corpo hai escamas; teñen dous ollos, a cada lado ou no mesmo plano; etc. Tamén tocámolos, estaban fríos, algúns dixeron que eran suaves outros que pinchaban. E, incluso, algún non quería tocalos, encantoulles a experiencia, moitos recoñeceron que peixes eran e dixeron que os comen na casa.
13.12.17
TIBURÓN (5º E.I.)
Hai uns días a nosa compañeira Celia trouxo un tiburón de dedos, e como nos gustou moitísimo, hoxe fixemos un cada un.
12.12.17
11.12.17
LECTURAS PEQUECHAS VI (5º E.I.)
Continuamos coas lecturas pequechas, esta semana tocoulle a Moisés e Antía lernos o conto de "Carabuñas". Que tamén foron os que clausuraron,por este trimestre, as lecturas pequechas.
5.12.17
ANIMAIS MARIÑOS 3D (5º E.I.)
A semana pasada puxemos uns lentes moi especiais, que, ao mirar por eles todo era vermello e azul.
Pero cando observamos diferentes animais mariños no libro (orcas, quenllas, osos polares, focas, tartarugas, peixes pallasos, etc) parecían que saían del, ata pensamos que a quenlla quería comernos porque tiña a boca moi aberta. Gustounos moito esta exepriencia, foi unha maneira diferente de ver os animais mariños.
Pero cando observamos diferentes animais mariños no libro (orcas, quenllas, osos polares, focas, tartarugas, peixes pallasos, etc) parecían que saían del, ata pensamos que a quenlla quería comernos porque tiña a boca moi aberta. Gustounos moito esta exepriencia, foi unha maneira diferente de ver os animais mariños.
4.12.17
AURORA BOREAL (6º E.I.)
Rematamos a nosa estancia cos inuits aínda que seguimos no Polo Norte xa que viaxamos ata Laponia, pero antes de marchar estivemos observando uns dos fenómenos máis bonitos da natureza, as AURORAS BOREALES. Aínda que non entendimos moi ben como se formaban, estivemos admirando a súa belleza, descubrindo con que cores se facían e despois creando a nosa propia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: aurora boreal.
3.12.17
HORA DE LER (5º E.I.)
O mércores na hora de ler viñeron a lernos un conto tres nenas de 3º de primaria.
Carla, Sara e Denise léronnos o conto "O segredo de Flora". Gustanos moito que veñan os nenos e nenas maiores a lernos contos na aula. Gracias por vir.
Carla, Sara e Denise léronnos o conto "O segredo de Flora". Gustanos moito que veñan os nenos e nenas maiores a lernos contos na aula. Gracias por vir.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ( 4º EI )
O 25 de Novembro foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e na nosa aula traballamos de forma máis concreta o RESPECTO. Escribimos e decoramos esta palabra para incorporala ó mural do cole!!
Día internacional contra a Violencia de Xénero
ANIVERSARIO DE ANTÍA ( 4º EI )
O pasado luns celebramos o aniversario de Antía, e recibimos a visita de súa mamá e de papá, que contaron a historia que inventaron para o noso libro viaxeiro "Un mar de contos". Nesta historia fantástica perdímonos no bosque e coa axuda dos animaliños que habitan nel conseguimos chegar ó noso destino. Despois regalamoslle á Cumpleañera bicos e apretas, cantámoslle ,fixemos a coroa e bailamos!!! Moitísimas felicidades Antía, disfruta dos 3 anos!!!
Aniversario de Antía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)