31.5.17

CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS ( 6º EI)

Trala visita de Paula e Pamela, comezamos a traballar o valor da Amizade, así que creamos na clase os Caixóns das cousas bonitas. Neste espazo cada membro da clase ten un caixón no que recibe debuxos, palabras bonitas escritas, detalles... pero para utilízalo hai tres premisas: non podemos darnos regalos a nos mesmos, debemos meter os agasallos nos caixóns baleiros de forma que todos/as teñamos sorpresas e os regalos deben ser anónimos. Os venres recollemos as sorpresas, están entusiasmados, cada día miran o caixón para ver ser teñen algo ou non, e ademáis esfórzanse en agasallar ós outros.
 
 
 
 

AMIZADE, CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

EXCURSIÓN ALDEA NOVA

O pasado martes 30 de maio todo o ciclo de Educación Infantil tivemos a saída de fin de curso ao complexo de Aldea Nova situado no concello de Narón. Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que, ademais de disfrutar da espectacular paisaxe, aprenderon moitas cousas sobre apicultura facendo incluso unha visita a diferentes colmenas, coa protección adecuada, e despois degustamos algúns dos seus productos: mel, xalea real...; tamén coñecemos moitas cousas sobre os animais da granxa, xa que poidemos visitar e dar de comer a galiñas, patos, pavos, ovellas, o carneiro Breogán, a burra Rosario, o cabalo Pirata, a poni Wilma, a terneira Saltarina, as cabras, o porco celta e os coellos;por último, fixemos un roteiro onde aprendimos cousas sobre diferentes plantas, visitamos unha reproducción dun poboado de cultura castrexa e finalmente observamos a comarca de ferrol cuns prismáticos.
Para comer acercámonos ao espazo natural de Pedroso do Molino, onde disfrutamos da incomparable paisaxe xunto o río Xubia e xogamos moi pouco porque o tempo xa non nos daba para mais. Todas as fotos as podedes ver premendo nos seguintes enlaces: Aldea Nova e ALDEA NOVA 2.





29.5.17

HORA DE LER (4º E.I. e 6º E.I.)

Marián e Iker  5 anos contáronnos o conto de "Garavanciño" 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


DOUS CANGREXOS DE VAN GOGH (4º E.I.)

Este cadro pouco coñecido de Van Gogh escollímolo para a nosa porta porque foi unha das aportacións sobre a pintor. E, coma é un cadro que poucos coñecemos decidimos mostralo desta maneira.



26.5.17

A GALIÑA AZUL (5º E.I.)





Para rematar o  Mes das Letras estivemos traballando a Galiña Azul de Carlos Casares. Primeiro visionamos un conto que realizaou sobre este libro as aulas de Educación Especial do colexio Compañia de María. Despois realizamos sumas coas plumas da galiña azul, para finalmente facer a nosa propia galiña cunha técnica nova que é tinguir sal cun contagotas. Todo o traballo o podedes ver premendo no seguinte enlace: a galiña azul.







25.5.17

ACTUACIÓN MES DAS LETRAS ( 6º EI )


Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais de traballar a Carlos Casares na aula, participamos no Festival recitando as poesías realizadas na actividade Gori-Gori ( invención de versos a partir dun cadro). Os versos fixéronse coa axuda das familias a partires dunha ilustración de Aurora Cascudo na que homenaxea a Rosalía de Castro.


24.5.17

CONTACONTOS : VISITAMOS A AULA DE 5º DE EI ( 6º EI)

Hoxe Alejo e Babel leron o conto de Os Bolechas queren saber...como é a Policía Local. Fixéronno moi ben e aprendimos moitos consellos sobre Educación Viaria.




iaria

23.5.17

VISITA DE PAULA E PAMELA ( 6º EI )

Hoxe O oso Paco ( Paula, mamá de Alba) e Luna ( Pamela, mamá de Adrián) estiveron na nosa clase, interpretando o conto Somos Amigos. Tratamos o valor da amizade a través de accións que viven as personaxes, e despois de esta actuación moi divertida e entretida, fixemos o xogo da amizade, no que tiñamos que decir cousas positivas sobre o compañeiro/a que nos tocou ( previamente puxemos o nome en gomets de cores e asociámonos polas cores iguais). Despois presentamos os caixóns das cousas bonitas, que terá un lugar importante na clase ata que remate o cole, e finalizamos a visita cantando e bailando Apretas que voan de Paco Nogueiras. Moitísimas grazas pola visita, estivemos encantados!!!





CONTACONTOS: VISITAMOS A AULA DE TRES ANOS ( 6º EI)

Onte Adrián e Daniella leron na aula de tres anos un libro sobre dinosaurios, xa que a semana pasada dixéronnos quue lles gustaba esta temática. Fixéronno moi ben e estaban todos moi atentos. Grazas por deixarnos ir a vosa clase!!!




18.5.17

FESTIVAL DAS LETRAS (5º E.I.)

HORA DE LER (4º E.I.)

O luns os nenos e nenas de 6º de infantil volveron a nosa aula a contarnos o conto de "Cocorico"




VÍDEO CONFERENCIA(4º E.I.)

O venres pasado invitáronnos a participar na vídeo conferencia co colexio de Rus (Coristanco), na biblioteca do cole. Pasámolo moi ben. Grazas a profe Marta Couto pola invitación.
Aprendimos que é moi parecido a falar por teléfono só que neste caso a parte de escoitar os outros interlocutores tamén podémolos ver. E as actividades cos escornabots foron moi interesantes.


GORIGORI (5º E.I.)

15.5.17

DESEÑAMOS O NOSO CUARTO (4º E.I.)

Tendo como inspiración o cadro "A habitación" de Van Gogh, e, despois de observar varios catálogos de mobles para cuartos. Eliximos o que nos gustaría para facer o noso propio cuarto. Algún ten futuro coma deseñador de interiores. 😊😊😊😊😊😊😊😊



CONTACONTOS NA BIBLIOTECA (4º E.I.)

O xoves na biblioteca, veu Lola  a contarnos un conto dunha avelá que non rompía e o conto do mellor agasallo de aniversario, e, logo, ensinounos uns libros de animais a tamaño natural, onde algún era máis grande que o neno.






11.5.17

HORA DE LER (4º E.I.)

O luns na clase de 3 anos recibimos a visita dos nenos e nenas de 5 anos para contarnos un conto na hora de ler. Contáronnos o  conto de "El pollo Pepe".  Fixéronno moi ben, esperamos que volvan outra vez. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


10.5.17

CONTACONTOS ( 6º EI )

Esta semana comezamos, na hora de ler, sesión de contacontos na aula de 3 e 4 anos co conto O Polo Pepe. Estamos moi motivados en ir a ler á clase dos peques, en 3 anos leron Isaac e Alonso, e na clase de 4 anos leron Antón e Alba. Fixeronno xenial!!!!!




 

ANIVERSARIO DE BABEL: Tortitas de calabacín

Para celebrar o aniversario de Babel fixemos tortitas de calabacín. Ó principio algún peques non estaban nada convencidos, dicían que o calabacín non lles gustaba, pero despois de cociñar todos as  probaron, e máis, repetiron varias veces, así que xa sabemos... Non debemos comer cos ollos!!!

5.5.17

LETRAS (5º E.I.)

Comezamos a facer a nosa portada para os traballos que realizamos nos mes das letras e empregamos a técnica dos bastoncillos decorando así con puntiños de cores. Ademais tamén usamos, por primeira vez, os selos de estampación para poñer o noso nome e encantounos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: letras.



LETRAS GALEGAS E TIC (5º E.I.)

Neste mes das Letras estamos traballando  a figura de Carlos Casares e nesta ocasión empregamos as ferramentas TIC para afondar na súa obra. Tiñan que buscar co escornabot un libro deste autor e despois comprobaban coa tablet, co programa AURASMA, se realmente era de Carlos Casares, xa que o escanear o libro coa tablet saía a foto do autor. Podedes ver todas as fotos desta actividade premendo no seguinte enlace: letras e TIC.