31.5.18

ÚLTIMA VIAXE (6º E.I.)

Por este curso rematamos as nosas viaxes arrededor do mundo, foron moitos os países que coñecemos (México, China, Rusia, Exipto, Senegal...) e, por último, fomos parar o continente americano, xa que varios nenos e nenas trouxeran cousas de alí (a bandeira de Uruguay, folletos de Estados Unidos, moedas de Perú, un ukelele de Venezuela...). Estivemos localizando cada un destes países e ademais descubrimos cousas da Estatua da Liberdade, xa que nos chamou moita a atención a súa altura, sobre todo cando a comparamos con a nosa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: América.





No hay comentarios:

Publicar un comentario