29.5.18

ANIVERSARIO DE BENITO ( 4º EI )



A pasada semana o protagonista foi Benito. Aínda que non cumple 4 anos ata o verán, celebramos o seu aniversario , para iso decorou a coroa, falamos sobre os seus gustos, e cociñamos. Nesta ocasión , tras facer unha votación, fixemos unha TARTA. Como a aula de cociña estaba de reformas, cociñamos na clase, e comezamos por lavar e cortar fresas, despois extendimos nata en cada base de biscoito, engadimos os trociños de fresas e cubrimos con chocolate, nata e máis fresas. ESTABA BOÍSIMA!!!!

Sopramos as velas, cantamos, bailamos e regalámoslle bicos e apretas.

Tamén recibimos a visita de mamá e do seu irmán Pablo, que contaron a historia que inventaron no libro viaxeiro " Un mar de Contos", e ademais tiñan un agasallo para cada un!!!! Moitas gracias!!!





ANIVERSARIO BENITO

No hay comentarios:

Publicar un comentario