23.2.24

4ºEI- CALIGRAMA DÍA DE ROSALÍA.

 O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía. Despois de coñecer un pouquiño quen era Rosalía, cada clase creou o seu caligrama natural partido do libro "O herbario de Rosalía".

Gustounos moito tanto rasgar como pegar o papel e tamén recoñecer as vogais para poner encima os sellos. 

Así de bonito quedou o noso. Se queres ver como foi o proceso, preme na foto. 





18.2.24

4º EI- ANIVERSARIOS FEBREIRO... TAMÉN LECTORES !

 Este mes de febreiro celebramos o aniversario de Alba, a primeira destes cativiños en cumplir 4 anos. Ela mesma decidiu que a tarta fora de vainilla. 

O xoves fumos a cociña e o venres celebración! Moitas grazas a súa nai por vir contar o conto que Alba quería polo ser aniversario. 

Parabéns Alba! 🎉



Para acceder á galería preme na imaxe

14.2.24

ENTROIDO DOS CATIVIÑOS

Estes cativiños o pasaron xenial neste Entroido!🎉
O xoves o disfraz libre todos xuntos na merenda de infantil e o venres co desfile todos de... Aventureiros do Milladoiro!
Daros a grazas a todas as familias pola colaboración nos postres de entroido, sin vos esta merenda e festa non sería posible 😊



Para ver a galería pincha na imaxe