Mostrando entradas con la etiqueta proxecto arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto arte. Mostrar todas las entradas
29.5.20
26.5.20
19.5.20
12.5.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 11º SESIÓN)
LEO, LEO...TI LES?
Esta actividade forma parte do programa de Radio Balea: Festexamos!!
Neste audio está a profe Vanessa recitando un poema de Manuel María:
Se non tedes instalada unha gravadora, podedes instalar unha app coma esta:
11.5.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 10º SESIÓN)
MOI BEN!!!!!!!!! O cadro de Viki Rivadulla está dedicado a Rosalía de Castro.
ACTIVIDADE:
Agora tedes que que escribir, igual que Rosalía, cousas sobre vós utilizando a estructura do seu poema.
Exemplo:
Eu... paseo
Eu... xogo
Eu ... cociño con mandil
Eu...
8.5.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 9º SESIÓN)
Esta vez cambiamos de autor, este cadro é de Viki Rivadulla, unha muxiana que fixo esta obra engadindo uns versos dunha grande escritora galega para conmemorar a súa labor.
Tedes ata o luns para darlle voltas á cabeza e pensar quen será a autora deste poema!!!!!!
Podedes escribir os nomes que se vos ocorran e o luns comprobaredes de quen se trata!!
Tedes ata o luns para darlle voltas á cabeza e pensar quen será a autora deste poema!!!!!!
Podedes escribir os nomes que se vos ocorran e o luns comprobaredes de quen se trata!!
6.5.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 8º SESIÓN)
ACTIVIDADE 1:
Esta vez, e para rematar coas obras de Kandinsky propoñemos realizar un cadro propio, utilizando materiais reciclados e reutilizables: restos de papeis, periódicos vellos, plásticos, cordas... o que teñades por casa.
Indicacións:
- Facer un boceto da nosa obra: podemos debuxar con lápiz a estructura da mesma
- Dar un fondo de cor se é preciso
- Buscar os materiais necesarios
- Construir a obra e facer modificacións necesarias
ACTIVIDADE 2:
- Poñemos título a nosa obra: escribimos pola parte de atrás da mesma ou nun cartel separado.

4.5.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 7º sesión)
ACTIVIDADE 1
A Kandinsky gustáballe moito a música clásica , así que intentaremos reproducir a súa obra,
" Estudio de color con cuadros" desta forma:

- Poñemos música clásica, por exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=lz1HXLT42RQ
- Facemos nunha folla catro cadrados ( podedes engadir os cadrados que queirades)

- Dentro facemos círculos concéntricos :
- 6º infantil: realizarán círculos concéntricos, pero a cantidade deles dependerá das sumas e restas en cada cadrado. Poño un exemplo, pero para algúns peques son moi sinxelas, podedes adaptalas. Para sumar e restar poden utilizar ceras, os dedos da man, macarróns...e ter unha serie numérica diante, os números escritos do 1 ó 10. ( Se poñedes operacións distintas ás do exemplo, cando mandedes foto poñede a operación realizada)

ACTIVIDADE 2
- Vemos o conto " Por cuatro esquinitas de nada"
- Realizamos a casiña dos círculos e recortamos círculos e un cadrado, podedes facelo cos materiais que prefirades
Exemplo: https://images.app.goo.gl/u1dxMXYjRWTDZzi47
ACTIVIDADE 3
Aproveitando que os peques xa poden saír á pasear e xogar, crear un circuíto no chan para saltar, debuxando ou creando círculos e cadrados, e que teñen que superalo seguindo as indicacións: no círculo saltamos coas dúas pernas xuntas e nos cadrados saltamos cunha perna.
29.4.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 6º SESIÓN)
O MISTERIO DE KANDINSKY
PROXECTO ARTE 6ºEI from bemilladoiro on Vimeo.
ACTIVIDADE:
Anotamos nunha folla o número de círculos amarelos, azuis, rosas, verdes e vermellos.
Despois ordenamos os números do máis pequeno ó máis grande.
Para rematar, e atopar a palabra misteriosa , buscamos neste cadro a letra que corresponde a cada número.

27.4.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 5º SESIÓN)
Esta semana presentamos un novo cadro de KANDINSKY:
" Estudio de color con cuadrados".
Neste cadro, a partir dunha base cadrada, fai varios círculos concéntricos.
ACTIVIDADE 1:
. Buscar e crear composicións con base cadrada e círculos concéntricos con obxectos da vida cotiá.
Exemplos:
Podemos utilizar platos, as baldosas do chan,tortitas, candeas...
ACTIVIDADE 2:
- Facemos unha obra artística distinta ó cadro de Kandinsky, por exemplo unha árbore, e decoramos recortando círculos de diferentes tamaños, cores e texturas.
Podemos crear un sandwich de base cadrada con queixo e por riba rodaxas de tomate, ovo e aceitunas cortadas... Ou unha pizza cadrada con tomate e calabacín facendo unha montaxe de cadrado-círculo.
Se estades animados/as probade e botádelle imaxinación!!!!!!
24.4.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 4º SESIÓN)
FACEMOS UN CADRO
INSTRUCIÓNS:
- Creamos un marco ó redor de toda a folla, combinando diferentes trazos: quebrado, espirais, trazos oblicuos, circuliños, triángulos... botádelle imaxinación!
Para os máis pequenos , trazos sinxelos: círculos, ondas," montañitas", serie de raia-punto-raia
2. Facemos a nosa interpretación do cadro "Improvisación"
. 5 triángulos con ceras/rotus grosos
. 5 triángulos con ceras/rotus delgados
. 5 triángulos grandes
. 5 triángulos medianos
. 5 triángulos pequenos
. Decoramos os triángulos: pintamos, recheamos con puntiños, con trazos, círculos...
. Rematamos o cadro engadindo os detalles que queiramos
22.4.20
PROXECTO EXPRES-ARTE ( 3º sesión)
O cadro que descubríchedes chámase : IMPROVISACIÓN.
ACTIVIDADE 1: buscar obxectos por casa cuxa inicial comeze por cada unha das letras do nome do cadro.
ACTIVIDADE 2: escribimos o nome do cadro en vertical , e por cada letra escribimos unha palabra.
Por exemplo:
Imaxinar
Marisco
Polo
Radio
Ollo
Vela
Indio
Sol
Aceite
Comer
Iglú
Oído
Navegar
Os nenos/as de 4º de infantil, poden con axuda intentar facer esta actividade, se é moi complicada, en vez de escribir palabras , debuxar obxectos.
21.4.20
PROXECTO: EXPRES-ARTE ( 2º sesión)
Ola chicos e chicas, paseáchedes polo Museo Thyssen???
Dentro das obras expostas alí de Kandinsky, hai unha que non está , e é esta...
2. BUSCAMOS POR CASA COUSAS CON FORMA TRIANGULAR
3. PRACTICAMOS A FACER TRIÁNGULOS CONCÉNTRICOS
Dentro das obras expostas alí de Kandinsky, hai unha que non está , e é esta...
AS ACTIVIDADES DE HOXE SERÁN:
1. DESCUBRIR O NOME DESTA OBRA DE KANDINSKY: Se mirades este capítulo de
Little Einstein, poderedes descubrilo
2. BUSCAMOS POR CASA COUSAS CON FORMA TRIANGULAR
3. PRACTICAMOS A FACER TRIÁNGULOS CONCÉNTRICOS
20.4.20
3º TRIMESTRE: COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO ( 1º sesión)
ChatterPix_1587226471104 from bemilladoiro on Vimeo.
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO THYSSEN
ACTIVIDADE: VISITAR O MUSEO VIRTUAL, ESPECIALMENTE VER OS CADROS DE KANDINSKY DA SALA 43C.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)